Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Os aspectos teóricos da materia Organización Escolar do Ensino levarán a cabo a través deste tipo de metodoloxía. Considerase a máis adecuada para poder desenvolver nas clases do grupo de alumnos/as completo.
Dado que nos situamos nun Plan de Estudos Presencial, as achegas das clases son insubstituíbles por outros medios documentais; o alumno/a que non recibe os contidos debido á súa ausencia, ou que non ten oportunidade de practicas as habilidades practicadas en clase, é responsable de recuperalos por conta propia. Todo o que se explica en clase, forma parte da materia, xunto cos demais recursos.
Resolución de problemas As clases seminario coa metade do grupo suporán un cambio de dinámica respecto da clase do grupo enteiro. As prácticas levadas a cabo serán variadas e, ineludiblemente, o alumno/a comprométese a participar de forma activa nelas no momento que decide cursar a materia. Os grupos serán variados, en ocasións realizados ao azar, en ocasións a elección do propio alumno/a.
Seminario Este campo queda aberto ás posibles charlas que xurdan ao longo do cuadrimestre, relacionadas cos nosos temas de interese.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000