Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Mecánica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Sistemas electrónicos de comunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Exposición do traballo: descrición aplicada dun sistema de comunicacións. A realización deste traballo será un requisito para obter unha cualificación de apto na materia. 30
Resolución de problemas A participación en clase coa resolución de problemas será valorada. 5
Prácticas de laboratorio A realización de todos as tarefas de cada práctica puntuarase en función do seu cumprimento. Os criterios de avaliación son: Asistencia mínima do 80%, puntualidade, preparación previa das prácticas (as prácticas estarán dispoñibles con antelación e requirirán dun traballo previo para a súa realización), aproveitamento e entrega de resultados. 25
Resolución de problemas e/ou exercicios Trátase dunha proba escrita realizada na data do exame da materia. Esta proba está concibida para comprobar os coñecementos básicos da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 puntos en cada unha das partes: prácticas de laboratorio, traballos de aula e proba de resposta curta, para obter a cualificación de apto na materia.

Opcionalmente os traballos de aula poderán ser en inglés.

Os alumnos que renuncien á avaliación continua deberán pasar unha única proba escrita máis extensa que a de coñecementos mínimos aplicada ao resto.

Aqueles alumnos que non poidan asistir a dúas ou máis prácticas polas causas xustificadas previstas no Estatuto do Estudante, terán dereito a unha única proba de laboratorio que se celebrará no período de exames da convocatoria correspondente que estableza o centro.

Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo
do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o
alumno non alcanzou as competencias B2, B3 e CT19.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000