Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Mecánica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Electrónica de potencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realizaranse en grupos. Os guións de prácticas estarán dispoñibles con antelación. Os criterios de avaliación son:
- Preparación previa dos exercicios.
- Puntualidade e aproveitamento da sesión.
- Informe de prácticas.
Non asistir á práctica ou non realizar o informe puntuarase cun cero (0).
Non serán recuperables.
Poderase conservar a nota de laboratorio dun dos dous cursos anteriores no que a cualificación dos exames de preguntas de desenvolvemento fora superior a un 30%.
20
Exame de preguntas de desenvolvemento Primeira proba parcial. Poderá incluir os seguintes tipos de exercicios:
- Cuestións tipo test.
- Cuestións de resposta curta.
- Problemas de análises.
- Resolución de casos prácticos.
Avaliaranse os contidos impartidos ata a data da proba. Poderá recuperarse na convocatoria de avaliación extraordinaria.
40
Exame de preguntas de desenvolvemento Segunda proba parcial. Poderá incluir os seguintes tipos de exercicios:
- Cuestións tipo test.
- Cuestións de resposta curta.
- Problemas de análises.
- Resolución de casos prácticos.
Avaliaranse o resto dos contidos que non foron incluídos na primeira proba parcial. Realizarase na data e lugar que fixe o centro para a proba final. Poderá recuperarse na convocatoria de avaliación extraordinaria.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua salvo para aqueles estudantes aos que a dirección do centro lles permita a renuncia a avaliación continua. A convocatoria de fin de carreira serán por avaliación global.

A avaliación global consistirá nunha proba escrita (80%) con preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán tódolos contidos da materia e nunha proba práctica que se realizará no laboratorio (20%).

Compromiso ético

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético. En caso contrario (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) a cualificación final da materia será de suspenso (0.0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000