Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría clínica e hospitalaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse 3 probas de igual peso (un 25%), unha por cada unha das partes nas que se divide a materia, que se desenvolverán dentro das horas de clase e debidamente programadas para que non interfiran co resto das materias. 75
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliación Continua do traballo do alumno nas sesións prácticas das distintas partes da materia establecidas na materia ao longo do cuadrimestre. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Continua:

Para superar a materia por Avaliación Continua deben
cumprirse os dous seguintes requisitos:

a) Asistir e realizar
con aproveitamento as prácticas da materia entregando aqueles traballos que se
propoñan durante a súa realización

A nota das prácticas terá un peso de 25%
sobre o total da avaliación.

Cada alumno obterá unha nota por cada práctica. A
nota de prácticas de cada alumno obterase da media das notas de prácticas.

As
sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. Se a asistencia ás sesións de
prácticas é inferior ao 75%, a nota das prácticas será cero.

No caso de non
superar as prácticas por Avaliación Continua, o alumno terá que realizar un
exame da parte de prácticas na convocatoria final.

b) Dado que a materia está estruturada en 3 partes,
realizaranse 3 probas diferenciadas de igual peso, unha por cada parte cun peso
dun 25%, dentro do horario de clases.

A nota das tres partes terá un peso dun
75% sobre o total.

Para superar a materia haberá que obter unha nota media de 5
sobre 10 no global das partes, sen que en ningures póidase sacar unha nota
inferior a 4 sobre 10. No caso de que en algures se obteña unha nota inferior
ao 4, aínda que a media sexa igual ou superior a 5, terá que recuperar a/s
parte/s nas convocatorias oficiais fixadas polo Centro.

Notas adicionais sobre a avaliación:

No caso de non superar
a materia por avaliación continua, teranse que recuperar aquelas partes non superadas
nas probas das convocatorias oficiais fixadas no calendario polo Centro.

No
caso de optar pola renuncia á Avaliación Continua, o alumno terá que facer unha
proba de coñecemento relativa ás prácticas (25%) e outra proba relativa ás tres
partes en que se divide a materia (75%). Neste caso, de igual maneira, para
superar a materia debe aprobar a parte de prácticas e na proba das tres partes
obter unha media igual ou superior a 5 sen que en ningunha das partes de obteña
menos dun 4. Cando a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das
partes non se chegou ao 4, a nota que figurará será a de suspenso 4,5

Compromiso
ético
: espérase
que o estudante exhiba un comportamento ético apropiado. No caso de detectar comportamentos
pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados e
outros) considerarase que o estudante non cumpre cos requisitos necesarios para
aprobar a materia. Neste caso, suspenderase a cualificación xeral no ano académico
actual (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000