Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Biocompatibilidade e comportamento mecánico de materiais en imprantoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Proxecto Traballo realizado en equipo pero avaliado individualmente. Integrarase o estudo dun caso práctico e o resultado da realización de experiencias prácticas. 60
Exame de preguntas obxectivas A proba consistirá nun exame individual. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a
materia, establécese unha nota mínima de 2 puntos sobre 10, tanto na proba
como no traballo para avaliación de competencias adquiridas. Na segunda
oportunidade só se avaliará aos alumnos que non superen a materia.


Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a
utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico
non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de
suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000