Precísanse coñecementos básicos de informática, de sistemas de representación e normalización de Debuxo.
Para a adquisición das competencias previstas nesta materia recoméndase a asistencia e participación activa en todas as actividades programadas e o uso das titorías, especialmente aquelas referentes á revisión dos traballos.
O punto crave para superar a materia con éxito, é "comprender" a materia e non tanto a súa "memorización". En caso de dúbidas ou cuestións, o estudante debe preguntar ao profesor ben en clase, no horario de atención ao alumno ou ben telemáticamente.
Como regra xeral unha dúbida resolta evita cinco interrogantes no futuro.
Recoméndase ao alumnado a asistencia ás titorías para a exposición de dúbidas.
Recoméndase a participación activa nos mecanismos de titorización.
Por último, e con respecto á asistencia, aínda que se fixan uns mínimos en teoría e práctica, recoméndase aos alumnos a asistencia á totalidade das xornadas teóricas e prácticas da materia.
Materiais didácticos: Precísase acceso a Internet e as ferramentas ofimáticas habituais. A documentación será facilitada a través da plataforma MooVi e será ampliada e comentada nas clases presenciais e resto de actividades presenciais. |