Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 CG3
CE2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 40 CG3
CE2
CT2
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 40 CG3
CE2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun documento por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 10 CG3
CE2
CT9
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A calificación da avaliación continua (que denominaremos EC) terá un peso
do 40% da calificación final e incluirá tanto os contidos das prácticas de
laboratorio (peso do 20%, que denominaremos calificación ECL) como de aula
(peso do 20%, que denominaremos calificación ECA).



A calificación ECA obterase mediante probas teórico-prácticas (poderán comprender preguntas obxectivas e/ou preguntas de desenvolvemento)sobre contidos de aula.



A calificación ECL obterase como a suma da calificación dos informes de
prácticas e de probas sobre contidos de laboratorio.



Aqueles alumnos que non podan seguir a avaliación continua e teñan
concedida a renuncia á avaliación continua terán a posibilidade de realizar
unha proba final para obter unha calificación REC que terá un peso do 40% da
calificación final e incluirá tanto os contidos das prácticas de laboratorio
(peso do 20%, que denominaremos calificación RECL) como de aula (peso do 20%,
que denominaremos calificación RECA).



O 60% restante da calificación final obterase mediante a realización dun
exame final que constará de dúas partes: unha parte teórica (que denominaremos
T) que terá un peso do 20% da calificación final, e outra parte de resolución
de problemas (que denominaremos P) que terá un peso do 40% da calificación
final. A parte teórica constará dunha proba teórico-práctica (poderá comprender preguntas obxectivas e/ou preguntas de
desenvolvemento). Aqueles
alumnos que non se presenten ao exame final obterán unha cualificación de non
presentado.



Tanto os exames da convocatoria fin de carreira como os que se realicen en
datas e/ou horarios distintos aos fixados oficialmente polo centro poderán ter
un formato de exame distinto ao detallado anteriormente, aínda que as partes do
exame (EC ou REC, T e P) conservarán o mesmo valor na calificación final.



Calificación final G da asignatura para a modalidade de avaliación
continua:



G = ECL + ECA + T + P.



Calificación final G da asignatura para a modalidade de avaliación ao final
do cuatrimestre e xullo (as opcións RECL e RECA unicamente para alumnado con
renuncia concedida):



G = ECL (ou RECL) + ECA (ou RECA) + T + P.

 



Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha
cualificación final G maior ou igual a 5.

 



Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que
o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso,
a cualificación final no presente curso académico será de suspenso (0,0).



Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación agás autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a calificación final
será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000