Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Deseño e comunicación de produto e automatización de elementos en planta
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral 1ro BLOQUE
Sesión maxistral con participación activa dos estudantes. Cada unidade temática será presentada polo profesor empregando os recursos audiovisuais apropiados e complementada cos comentarios que os estudantes realicen en base á bibliografía recomendada ou ás ideas novas que poidan xurdir.
Durante as clases maxistrais exporanse exercicios a resolver parcial ou totalmente, de maneira individual ou grupal, orientados a facilitar a mellor comprensión dos contidos e métodos para o seu aproveitamento na práctica do deseño.
Lección maxistral 2do BLOQUE
Exposición por parte do profesor dos contidos da materia.
Prácticas de laboratorio 1ro BLOQUE
Proponse a realización, por un grupo de alumnos, dun proxecto ou traballo de deseño a realizar ao longo do cuadrimestre, durante as sesións presenciais correspondentes ás clases de prácticas da materia. Así mesmo, estas horas deberán ser complementadas por outras non presenciais e con aquelas que, a solicitude do grupo, poidan corresponderse con horas presenciais de apoio das sesións creativas en grupo e titorías grupais e/ou individuais.
O proxecto consistirá no deseño e comunicación dun produto industrial existente e coñecido. Para iso, cada grupo de alumnos, deberá identificar, detallar e documentar os pasos precisos para implementar un proceso de deseño completo. Así, unha vez seleccionada a metodoloxía de deseño máis adecuada, os alumnos deberán definir o público obxectivo e as necesidades deste relativas ao produto a deseñar. Tras isto deberán abordar a definición dos requirimentos técnicos do produto identificando as súas funcións e realizando unha completa análise funcional do mesmo. Completada esta parte, deberán realizar un prototipo virtual axeitado co obxectivo de abordar, posteriormente, a concreción dun prototipo físico funcional. Así mesmo, deberán documentar todo o proceso e realizar os planos de definición e fabricación do produto. Finalmente deberán deseñar unha campaña de comunicación axustada ao produto deseñado, desenvolvendo a compoñente estética do mesmo a cal se verá reflectida na definición e propio deseño non só do produto senón dunha marca distintiva do mesmo que deberá ser reflectida en todos os aspectos comunicativos do proxecto. De igual modo elaborarán un breve anuncio publicitario do produto que involucrará edición multimedia de contidos.
O proceso estará coordinado polo profesor en todo momento desde a elección inicial do traballo a realizar até a presentación do produto, pasando polas sucesivas fases intermedias nas que cada grupo terá que efectuar entregas parciais. Finalmente cada grupo de prácticas efectuará a presentación do produto deseñado e a entrega da documentación pertinente.
Prácticas de laboratorio 2do BLOQUE
Actividades de aplicación dos coñecementos adquiridos nas clases de teoría a situacións concretas que poidan ser desenvoltas no laboratorio da materia.
Seminario 1ro BLOQUE
Actividades de reforzo á aprendizaxe mediante o desenvolvemento de sesións destinadas á procura de ideas novas de interese para os respectivos traballos ou ben á explicación de contidos teóricos, a análise e a avaliación das propostas, a elección de compoñentes estéticos, etc...
Aprendizaxe baseado en proxectos 1ro BLOQUE
Realización de actividades que necesariamente requiren do esforzo creativo, da atención, a participación activa e a colaboración dos estudantes entre si e co profesor, tal como sucede nas etapas creativas do proceso de deseño.
Presentación 1ro BLOQUE
Cada grupo de estudantes deberá presentar o produto industrial deseñado nunha sesión de presentacións conxuntas de carácter obrigatorio. A dita sesión, cuxo principal obxectivo é valorar a campaña publicitaria e de comunicación do produto deberán participar todos os estudantes e poderán exporse actividades de interacción.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000