Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.
O alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia. Durante o curso 2017/2018 gardarase a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio nos cursos 2015/2016 ou 2016/2017 (5% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso. Así mesmo, durante o curso 2017/2018 gardarase a cualificación obtida nas probas de seguemento nos cursos 2015/2016 ou 2016/2017 (15% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso. A cualificación obtida só manterase dentro do idioma elixido no momento no que se cursou a materia. Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua:
A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos das apartado “Metodoloxías” da guía docente) determinará a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do seguinte modo: Cualificación das prácticas de laboratorio = K• (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)
Cualificación da proba de seguemento = K • Puntuación obtida na proba de seguieento) Onde K = (Nº de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)
A falta de entrega de informes de prácticas, por causa xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data distinta.
A falta de asistencia a unha proba de seguimento, por causa xustificada ou non, non suporá a realización da proba en data diferente. A data e os lugares de realización dos exames de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos. Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
|