Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Elasticidade e ampliación de resistencia de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a participación activa en todas as clases e, cando cumpra, a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización. Puntuarase de 0 a 10.

A cualificación obtida será a mesma na 1ª e en 2ª oportunidade da convocatoria do curso.
5 B4
C14
D2
D5
D9
D10
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Exporanse varias probas para a avaliación das competencias adquiridas na materia, consistentes na resolución por parte do alumno de problemas e/ou cuestións teóricas, de forma que ningunha delas supere o 40% da cualificación global da materia.

As probas realizaranse ao longo do curso nas horas de aula e/ou nas datas/horarios aprobados polo Centro. A última de devanditas probas coincidirá coa data oficial do calendario de exames aprobado pola Comisión Permanente da Escola de Enxeñaría Industrial.

A súa valoración será de 0 a 10 puntos. A cualificación media mínima de todas as probas será de 4.5/10, establecéndose ademais unha cualificación mínima de 4/10 en cada unha das probas individuais.

Na 2ª oportunidade da convocatoria do curso, a proba será única, englobando todo o contido da materia e tendo un peso único do 95%. Neste caso, a cualificación mínima esixida para superar a materia será de 4.5/10.

A duración da proba, así como o peso de cada cuestión, daranse a coñecer no momento de realización da mesma.
95 B3
B4
C14
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para
superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10. O
alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá presentarse ao
exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia.

Comentarios sobre as actividades relativas á
avaliación continua
:

A falta de entrega de informes de prácticas,
por causa xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data
distinta.

A data e os lugares de realización dos exames
de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0).













Non se
permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de
avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non
superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será
de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000