Avaliación continua
A avaliación continua realizarase durante o
período de docencia da materia, de acordo cos criterios establecidos no
apartado anterior e corresponderá ao 30% da nota final. Para superar a materia
será necesario acadar unha puntuación mínima do 40% na proba realizada na data
previamente fixada polo centro, o que corresponde ao 70% da nota final.
Os estudantes que non se beneficien da avaliación
continua (previa autorización da dirección da EEI) serán avaliados cun exame
final sobre os contidos de toda a materia, que será o 100% da nota. Exame de xullo (segunda
edición)
No exame de xullo terase en conta a avaliación
continua (válida só no curso académico 2019-20). O exame terá as mesmas
características que o anterior e realizarase na data previamente establecida
polo centro.
Os estudantes que desexen renunciar á avaliación
continua serán avaliados cun exame final sobre o contido de toda a materia
(teoría + práctica) que será o 100% da nota. Exame extraordinario
Exame dos contidos de toda a materia (teoría + práctica)
que será o 100% da nota. Compromiso ético:
Espérase que o alumno teña un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, uso de
dispositivos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno
non cumpre os requisitos necesarios para aprobar a materia. Nese caso a nota
global do presente curso académico será de suspenso (0,0).
Non se permitirá o uso de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O
feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na sala de exames
será considerado un motivo para non superar a materia neste curso académico e a
puntuación global será de suspenso (0,0). |