Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Modelaxe de procesos biotecnolóxicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nesta actividade presentaráselle ao alumnado o temario a desenvolver durante o curso, así como
os obxectivos, competencias e criterios de avaliación. Así mesmo explicaráselle a forma de desenvolver a materia, e crearanse os grupos que realizarán os traballos e prácticas.
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos aspectos xerais do programa de forma estruturada,
facendo especial fincapé nos fundamentos e aspectos máis importantes ou de difícil
comprensión para o alumnado. O profesorado facilitará, a través de Moovi, o material
necesario para un correcto seguimento da materia. O alumnado deberá traballar previamente o
material entregado polo profesorado e consultar a bibliografía recomendada para completar a
información.
Traballo tutelado Ao longo do curso, o estudantado desenvolverá un traballo consistente no modelado e simulación dunha planta biotecnolóxica, con base en datos de literatura científica e en prácticas de laboratorio realizadas. O traballo será presentado por escrito
Prácticas de laboratorio Realizaranse experimentos de laboratorio e prácticas de campo en empresas do sector biotecnolóxico. O alumnado disporá dos guións de prácticas así como do material de apoio necesario para unha adecuada comprensión dos experimentos a levar a cabo. O alumnado elaborará un informe final no que deberá recoller os principais resultados e conclusións, de acordo cunha guía que se lles facilitará a través da plataforma tem@. Estas prácticas serán avaliadas conxuntamente coas prácticas de campo
Presentación O alumnado realizará unha defensa pública sobre o proxecto realizado nos traballos tutelados, e serán avaliados por un tribunal composto por profesorado do departamento de enxeñaría química e/ou profesionais do sector privado do ámbito da enxeñaría química
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000