Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Química industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán unhas prácticas de laboratorio sobre transformación de materias primas para obter produtos de valor engadido. Débese entregar un informe cos principais resultados atopados, así como unha discusión en profundidade dos mesmos 10 B4
C19
D1
Presentación A exposición do proxecto realizado durante os traballos tutelados será avaliada por un tribunal composto por profesores do departamento de enxeñaría química e/ou profesionais do sector privado do ámbito da enxeñaría química 5 B3
B4
C19
D1
D2
Traballo tutelado Durante algunhas sesións prácticas, os alumnos desenvolverán un traballo sobre un proceso en concreto de química industrial. O traballo será exposto publicamente ante un tribunal, que o avaliará de acordo a uns criterios de calidade establecidos 5 B3
B4
C19
D1
D2
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse probas escritas, nas que se incluirán cuestións ou exercicios de resposta curta e problemas, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. 35 B3
B4
C19
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse probas escritas, nas que se incluirán preguntas de desenvolvemento, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. 35 B3
B4
C19
D2
Exame de preguntas obxectivas Ao finalizar cada bloque de temas, o profesorado poderá realizar probas escritas con preguntas que deberán ser contestadas con brevidade, mediante as cales o alumnado poderá analizar o grao de consecución dos obxectivos parciais. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Detalles sobre avaliación e cualificacións

    1.      Consideracións sobre a avaliación
continua.

  • A participación do estudante nalgún dos actos de
    avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, por tanto, a
    asignación dunha cualificación en actas.

  • É obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80%
    das prácticas de laboratorio, que non se poderán recuperar.
  • Para superar a materia, o alumnado deberá obter
    como mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10 no exame parcial e no exame
    final, e un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada un dos outros apartados de
    avaliación (prácticas de laboratorio, memoria e presentación de traballo
    tutelado, exames de preguntas obxectivas). En calquera caso, a cualificación
    global necesaria para aprobar a materia, resultante da suma ponderada de todos
    os apartados de avaliación, será de 5 puntos sobre 10.
  • O alumnado poderá renunciar ao sistema de
    avaliación continua mediante o procedemento e no prazo establecidos polo
    Centro. De ser solicitada e autorizada dita renuncia, o 100 % da cualificación
    asignarase mediante a realización dun exame final, no que se poderán facer
    preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia, incluídos os
    correspondentes ás clases prácticas.

     2.      
Consideracións sobre os exames (parcial e
final).

  • Probas parciais. Durante o curso
    realizarase unha proba parcial de carácter eliminatorio, que incluirá problemas
    e/o exercicios, así como preguntas de desenvolvemento, e que terá un peso na
    cualificación global do 35 %. Para superar esta proba, deberase obter como
    mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10.
  •  Exame final 1ª oportunidade. Incluirá os
    contidos non avaliados na proba parcial, e terá un peso relativo do 35 % na
    cualificación global da materia. En caso de non superar a proba parcial, darase a
    oportunidade ao alumnado de repetir a avaliación dos contidos correspondentes,
    na mesma data asignada para o exame final.
  • Exame final 2ª oportunidade. O exame
    poderá ter preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia,
    incluídos os correspondentes ás clases prácticas.O alumnado que obtivese a cualificación mínima
    establecida nesta guía para os diversos apartados de avaliación (prácticas de
    laboratorio, memoria e presentación de traballo tutelado, exames de preguntas
    obxectivas, exame parcial), poderá examinarse só do resto de contidos.

 3.      
Consideracións sobre as actas

  • Acta de 1ª oportunidade. A cualificación
    global será a suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas
    (prácticas de laboratorio, memoria e presentación do traballo, exames de
    preguntas obxectivas, exame parcial e exame final), sempre que se teñan
    superado as cualificacións mínimas esixidas (4 puntos sobre 10 en prácticas de
    laboratorio, memoria e presentación de traballo tutelado e exames de preguntas
    obxectivas, 5 puntos sobre 10 en exames parcial e final).

En caso de suspender ou non presentarse ao exame
parcial e/ou ao final, na acta reflectirase a cualificación de Suspenso, cun
valor numérico resultante da suma ponderada das cualificacións de prácticas de
laboratorio, traballo e exames de preguntas obxectivas, aplicando as
porcentaxes de contribución á nota global especificadas nesta guía; os contidos
aprobados nestes tres apartados consideraranse como superados con vistas á
convocatoria correspondente á segunda edición da acta.

  • Acta de 2ª oportunidade. A cualificación
    global será a suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas, sempre
    que se teñan superado as cualificacións mínimas esixidas.

En caso de suspender ou non presentarse ao exame final, na
acta reflectirase a cualificación de Suspenso, cun valor numérico resultante da
suma ponderada das cualificacións de prácticas de laboratorio, traballo e
exames de preguntas obxectivas, aplicando as porcentaxes de contribución á nota
global especificadas nesta guía

 Consideracións éticas                                 

Espérase que o
alumno presente un comportamento ético adecuado no que concierne a copia,
plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados ou compromiso
co traballo colaborativo. En caso contrario, considerarase que o alumno non
reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Por último, non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación salvo autorización expresa. No caso de detectar a súa presenza na
aula de exame será considerado un motivo de non superación da materia no actual
curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Calendario de exames actualizado:
https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/calendario-de-exames/

Profesora responsable de grupo: María Salomé
Álvarez Álvarez

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000