Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Química industrial
   Contidos
Tema Subtema
Introdución aos procesos da Industria Química. Aspectos xerais dos procesos químicos. Características e estrutura sectorial da industria química. Situación da industria química española no contexto europeo e mundial. Mellores Técnicas Dispoñibles.
Economía de procesos de química industrial. Elaboración de orzamento. Análise de custos e beneficios. Criterios de viabilidade económica: Valor Actual Neto, Taxa Interna de Rendemento, Tempo de retorno.
Procesos de química industrial de importancia no entorno socioeconómico: a industria do aluminio, do papel, do refino de petróleo e dos biocombustibles. - A industria do aluminio: Materias primas básicas e características. Fabricación de alúmina. O proceso Bayer.

- A industria do papel: Métodos de fabricación de pasta. Diferentes tecnoloxías para a fabricación de papel. Problemática ambiental. Reciclaxe do papel.

- Petroquímica: Introdución á industria petroquímica. A industria do refino. Diagrama de fluxo xeral dunha refinaría petroquímica. Diferentes tecnoloxías de transformación do cru para a obtención de produtos de valor engadido.

- Introdución aos procesos biotecnolóxicos: etapas fundamentais, acondicionamento de materias primas, reaccion biolóxica e recuperación de produtos.

- Biocombustibles: Características xerais e marco legal. Vantaxes. Produción de biodiesel e etapas do proceso. Produción de bioetanol e comparación de estratexias de produción. Produción e aplicacións de biogas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000