Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia, participación e informes que se entregan periódicamente 5 B3
B6
C9
D1
D5
D9
D10
Probas de resposta curta No exame final incluiranse preguntas de resposta curta. O exame realizarase na data fixada polo centro. 40 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase os exercicios suscitados ao longo do curso (25%).No exame final incluiranse exercicios similares (20%). 45 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
Traballos e proxectos Suscitásense traballos ao longo do curso e indicaranse as directrices para a súa elaboración. 10 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Avaliación continua:
A avaliación continua realizarase durante o período de impartición da materia, segundo os criterios establecidos no apartado anterior.

En todo caso, para superar a materia será necesario alcanzar unha puntuación mínima do 40% na proba realizada na data previamente fixada polo centro (http://eei.uvigo.es)

Só sumaranse as dúas notas (Avaliación continua (4/10) e Exame Final Teórico (6/10)), se se alcanza ou supera o mínimo esixido no exame teórico (40%, que significa 2,4/6)

Se o estudante non superou esta condición a nota final da materia será a da avaliación continua.

Aqueles alumnos que non se acollan á avaliación continua serán avaliados cun exame final sobre os contidos da totalidade da materia, que suporá o 100%
da nota.

Exame de Xullo (2ª Edición)
No exame de Xullo non se terá en conta a avaliación continua. Poderase obter o 100% da cualificación;no exame que se realizará na data previamente fixada polo centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000