Presentación |
Presentación individual dos resultados dos traballos
tutelados, onde se puntuará:
Motivación polo tema.
Claridade da exposición.
Medios utilizados.
Resposta ás dúbidas e suxestións presentadas.
Claridade de conceptos
Precisión da información
Achegas
Resultados
Conclusións |
40 |
|
B3
|
|
D3 D5 D10 D17
|
O alumno/a poderá escoller entre unha das dúas opcións, Opción A (Avaliación global) ou Opción B (Avaliación continua), para a súa avaliación, segundo se detalla a continuación: Opción AA esta Opción A poderá acollerse calquera alumno/a matriculado/a na materia. A avaliación dos coñecementos adquiridos polo/a alumno/a farase de forma individual, sen a utilización de ningún tipo de fonte de información, mediante un único exame escrito que abarcará toda a materia recollida no Temario relativa á Aula, Laboratorio e Saídas de estudo ou Prácticas de campo, Contidos e Bibliografía indicados nesta guía docente. Os exames coincidirán coas convocatorias oficiais correspondentes. Para superar a materia será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 50 % da puntuación asignada, é dicir, cinco puntos sobre dez (5/10). Opción BSó poderán acollerse a esta Opción B os/as alumnos/as que asistan e participen de forma obrigatoria e presencial en todos os exercicios e actividades propostas na aula, tanto de maneira individual como en equipo, así como na totalidade das actividades de laboratorio e saídas de estudo ou prácticas de campo programadas. Estes exercicios e actividades estrutúranse en dúas partes: Traballos titorizados individuais e/ou en equipo, avaliados mediante memorias escritas, cun peso total do 60 % da cualificación final, é dicir, 6 puntos sobre 10 (6/10). Presentacións individuais e/ou en equipo (formato PowerPoint) dos resultados obtidos nos traballos titorizados, cun peso máximo do 40 %, é dicir, 4 puntos sobre 10 (4/10).
Para superar a materia por esta opción, será condición necesaria —aínda que non suficiente— obter polo menos o 40 % da nota máxima asignada a cada unha das partes, do seguinte xeito: Memorias escrita: mínimo de 2,4 puntos sobre 10 (2,4/10). Presentacións: mínimo de 1,6 puntos sobre 10 (1,6/10).
A materia considerarase superada cando a cualificación final total (traballos titorizados + presentacións) acade un mínimo do 50 %, é dicir, 5 puntos sobre 10 (5/10). No caso de que a nota final sexa igual ou superior a 5/10, pero non se acade o mínimo esixido nalgunha das dúas partes (memoria ou presentación), a cualificación final será de 3/10, o que implicará que a materia non está superada. Dadas as competencias establecidas para esta materia, a Opción B é a recomendada para o/a alumno/a. Os/as alumnos/as que desexen acollerse á Opción B deberán asistir obrigatoriamente e participar no debate e na quenda de preguntas de todas as presentacións. Calquera dos ítems puntuables non superará o 40 % da cualificación final. O incumprimento de calquera dos requisitos establecidos nesta opción implicará automaticamente a asignación do/a alumno/a á Opción A. Compromiso éticoEspérase do alumnado unha actitude de comportamento adecuada ao lugar que lle corresponde en relación co profesorado, cos seus compañeiros/as e coas pautas de conduta, tanto explícitas como implícitas, de respecto, o que tamén será considerado na avaliación da materia. Constituirá un comportamento non ético: copiar, plaxiar, utilizar dispositivos electrónicos ou telemáticos ou métodos non autorizados expresamente, entre outros. Nestes casos, considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos para superar esta materia, o que implicará que a cualificación global neste curso académico será de suspenso (0,00). |