Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Tecnoloxía térmica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Entrega das memorias dos traballos realizados e presentación oral dos mesmos. Resolución de problemas expostos durante o curso. 20 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
D20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exames parciais realizados durante o curso en horario de clase, de forma telemática a través de Moovi ou na data oficial de exame 40 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
D20
Exame de preguntas obxectivas Exames parciais realizados durante o curso en horario de clase, de forma telemática a través de Moovi ou na data oficial de exame 40 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua – Primeira oportunidade

Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas escritas parciais (P1 e P2) que cubrirán os contidos teóricos das clases maxistrais. Cada un deles representará o 20% da nota da materia (40% en total). Os contidos teóricos avaliados en P1 non serán avaliados en P2.

Na data oficial do exame da materia (E1), realizarase unha proba escrita que abordará a resolución de problemas dos contidos vistos ao longo do cuadrimestre. Esta proba representará o 40% da nota da materia.

A maiores, o alumnado deberá realizar un traballo (T) que representará o 20% da nota da materia. O devandito traballo poderá ser sometido ó sistema antiplaxio e a porcentaxe máxima admisible de plaxio será do 33%. 

A nota final calcularase como: P1+P2+E1+T


Avaliación continua – Segunda oportunidade

O exame de segunda oportunidade (E2) consistirá nunha proba escrita, cunha puntuación do 40%, que abordará a resolución de problemas dos contidos vistos ó longo da materia. Aqueles alumnos que o soliciten serán avaliados de novo dos contidos teóricos avaliados previamente en P1 e P2 na súa totalidade. Neste caso, realizarase unha proba adicional (PA) na mesma data oficial do exame de segunda oportunidade que computará o 40%. Mantense a cualificación do traballo e non é recuperable. 

A nota final calcularase como: P1+P2+E2+T, ou aqueles que soliciten ser avaliados de novo, E2+PA+T.

Avaliación global

O alumno que solicite oficialmente a renuncia á avaliación continua terá dereito a unha proba global (EG), escrita, cunha puntuación do 80%, na que se avaliarán os contidos teóricos e a resolución de problemas vistos ó longo do curso. en idénticas proporcións á avaliación continua. Ademais, o 20% restante avaliarase mediante unha pregunta adicional na que o estudante realizará unha disertación escrita (DE) sobre un tema elixido dunha lista proposta.

A nota final calcularase como a suma de EG e DE.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de evaluación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000