Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Instrumentación electrónica I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Instrumentación electrónica I Código V12G330V01503
Titulacion
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía electrónica
Coordinador/a
Pastoriza Santos, Vicente
Correo-e vpastoriza@uvigo.es
Profesorado
Machado Domínguez, Fernando
Pastoriza Santos, Vicente
Poza González, Francisco
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral O propósito principal desta materia é que o estudante adquira os coñecementos básicos de funcionamento e este familiarizado cos parámetros de deseño dos circuítos electrónicos de acondicionamento de sinal e adquisición de datos: multiplexores e demultiplexores analóxicos; amplificadores de instrumentación; amplificadores programables; amplificadores de illamento; filtros activos; circuítos de mostraxe e retención; convertidores dixital-analóxicos e analóxico-dixitais; así como un conxunto de circuítos electrónicos auxiliares de uso moi común no devandito contexto.
Os obxectivos fundamentais da parte práctica da materia son que o estudante adquira tanto as habilidades prácticas na montaxe de circuítos e de medida cos instrumentos de laboratorio, para poder distinguir e caracterizar os diferentes circuítos electrónicos estudados, como na identificación e resolución de erros nas montaxes. Ademais, o estudante, ao finalizar a materia, debe coñecer e saber manexar correctamente ferramentas informáticas para a análise, visualización e almacenamento das variables que definen o estado dun proceso industrial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000