Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Contidos
Tema Subtema
Proxectos clásicos de enxeñaría no ámbito da Fabricación Aditiva Poden versar, por exemplo, sobre o deseño e mesmo a fabricación dun prototipo, a enxeñaría dunha instalación de produción, ou a implantación dun sistema no campo da fabricación aditiva. Polo xeral, neles desenvólvese sempre a parte documental da memoria (cos seus apartados de cálculos, especificacións, estudos de viabilidade, seguridade, etc. que se precisen en cada caso), planos, prego de condicións e orzamento e, nalgúns casos, tamén se contempla os estudos propios da fase de execución material do proxecto.
Estudos técnicos, organizativos e económicos sobre a aplicación e beneficios de la
FA.
Consistentes na realización de estudos relativos a equipos, sistemas, servizos, etc., relacionados cos campos propios da titulación, que traten un ou máis aspectos relativos ao deseño, planificación, produción, xestión, explotación e calquera outro propio do campo da fabricación aditiva, relacionando cando cumpra alternativas técnicas con avaliacións económicas e discusión e valoración dos resultados.
Traballos teórico-experimentais relacionados coa Fabricación aditiva De natureza teórica, computacional ou experimental, que constitúan unha contribución á técnica no campo da fabricación aditiva incluíndo, cando cumpra, avaliación económica e discusión e valoración dos resultados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000