Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Materias
  Deseño e desenvolvemento do produto
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Hai que asistir sistematicamente ás prácticas e elaboralas durante as sesións prácticas dá materia e nas horas non presenciais asignadas. O seguimento do traballo realízase nestas sesións prácticas.
A avaliación realízase mediante a presentación dos informes das prácticas.
30 B6
B10
C10
D7
Traballo tutelado O seguimento da realización do traballo realízase nas sesións prácticas.
A avaliación realízase mediante a presentación do traballo tutelado
40 B6
B10
C10
D7
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas e respostas estruturado en diferentes partes 30 B6
B10
C10
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia está pensada para asistir sistemáticamente ás
sesións presenciais e desenvolver as actividades docentes propostas, cun
seguimento e/ou avaliación das mesmas nas devanditas sesións prácticas. 

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán
os mesmos que os da primeira oportunidade, salvo para os traballos
tutelados, que serán avaliados únicamente na primeira oportunidade, manténdose esa cualificacón para a segunda oportunidade, no caso de
ter que concorrer a esta.

A dispensa académica é
aceptada. Este estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexa
insuficiente para realizar o traballo ou o seguimento do traballo, será
avaliado cos mesmos criterios que os da segunda oportunidade.

Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os da segunda oportunidade do ano anterior.

A fraude comprobada en calquera actividade de traballo, proba ou avaliación dará lugar á cualificaciión de suspenso de "0" na
actividade de traballo, proba ou avaliación que se trate.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000