Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Industria 4.0
 Materias
  Ferramentas de cálculo avanzado para enxeñaría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo/a profesor/a. Desta forma o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia etc.
A resolución de problemas avalía coñecementos e habilidades, pero non actitudes.
15 A2
B2
B4
B7
C32
Aprendizaxe baseado en proxectos Presentación dun proxecto por parte dun grupo ou de forma individual.
Obxectivos: Avaliar as habilidades de pensamento superior. Valórase a análise, a síntese e a avaliación.
O proxecto avalía coñecementos, habilidades e actitudes.
20 A2
A3
B4
B7
C31
C32
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades (preferentemente catro) cunha redución por fallo de valor igual á porcentaxe de acerto (-0.25 ptos. no caso de catro posibles respostas se o valor da pregunta fose 1 pto.).
O exame de preguntas obxectivas só avalía coñecementos. Non avalía habilidades nin actitudes. Avalía habilidades do pensamento
inferior. Avalía coñecementos, comprensión e aplicación.
20 A2
A3
B7
C31
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Na presentación avalíanse coñecementos, habilidades e actitudes.
Os obxectivos son avaliar as habilidades de pensamento superior (análise e síntese).
15 A2
B4
C31
C32
D1
D2
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e
rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É
posible valorar aprendizaxes e accións e como levan a cabo
valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia...O obxectivo é
avaliar as habilidades de pensamento superior.
30 A2
A3
B2
B4
B7
C31
C32
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/As estudantes que non superen a materia en formacion continua na convocatoria de primeira oportunidade, de cada curso académico, na que a distribución de pesos de avaliación é a anteriormente indicada, terán a posibilidade de presentarense a un exame de preguntas obxectivas, de valor o 100% da nota final, en sucesivas convocatorias que non sexan a de primeira oportunidade de cada curso académico.

Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento
ético axeitado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados,...), se considerará
que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético
detectado, se poderá concluír que o alumnado non alcanzou as
competencias necesarias para superar a materia. Espérase do alumnado
un comportamento respectuoso, digno e de colaboraciónn co sistema
docente, profesorado, coordinacón e persoal de admnistración e
servizos do mestrador. Calquera cuestión debida á falta de
comportamento ético e digno do estudiantado poderá ter repercusión
sobre a avaliación da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000