Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Industria 4.0
 Materias
  Ferramentas de cálculo avanzado para enxeñaría
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O/A alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas mediante a execución de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma.
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización de actividades que permiten a interacción de varias materias e adestran ao alumnado no traballo en equipo, con problemas abertos. Permiten formar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, liderado, organización, comunicación e fortalecemento das relacións interpersoais.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000