Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Industria 4.0
 Materias
  Simulación aplicada a xestión de prantas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Obxectivos: Avaliar as habilidades de pensamento superior. Valórase a análise, a síntese e a avaliación. O proxecto avalía coñecementos, habilidades e actitudes 25 A2
A3
A4
B1
B3
B4
B6
B7
C25
C26
D1
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades (preferentemente catro) cunha redución por fallo de valor igual á porcentaxe de acerto (-0.25 *ptos. no caso de catro posibles respostas si o valor da pregunta fose 1 pto.).
O exame de preguntas obxectivas só avalía coñecementos. Non
avalía habilidades nin actitudes. Avalía habilidades do pensamento
inferior. Avalía coñecementos, comprensión e aplicación.
20 A1
A2
A3
B2
B6
B7
C25
C26
Proxecto Presentación dun proxecto por parte dun grupo ou de forma individual.
Obxectivos: Avaliar as habilidades de pensamento superior. Valórase a análise, a síntese e a avaliación.
O proxecto avalía coñecementos, habilidades e actitudes
25 A2
A3
A4
B1
B3
B6
B7
C25
C26
D1
D2
D3
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e
rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É
posible valorar aprendizaxes e accións e como levan a cabo valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia...O obxectivo é avaliar as habilidades de pensamento superior.
30 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B4
C26
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/As estudantes que non superen a materia en formacion continua na convocatoria de primeira oportunidade, de cada curso académico, na que a distribución de pesos de avaliación é a anteriormente indicada, terán a posibilidade de presentarense a un exame de preguntas obxectivas, de valor o 100% da nota final, en sucesivas convocatorias que non sexan a de primeira oportunidade de cada curso académico.

Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados,...), considerarase que o/a alumno/a non ten os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, se poderá concluír que o alumnado non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do alumnado un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de admnistración e servizos do mestrado. Calquera cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudantado poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000