Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Industria 4.0
 Materias
  Smart Manufacturing e Smart logistics
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier Ten como obxectivo Avaliar as habilidades de pensamento superior. Avalía a análise, a síntese e a avaliación 15 A1
A2
A3
A4
B1
B6
C13
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os/As alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades (preferentemente catro) cunha redución por fallo de valor igual á porcentaxe de acerto (-0.25 ptos. no caso de catro posibles respostas se o valor da pregunta fose 1 pto.).
O exame de preguntas obxectivas só avalía coñecementos. Non avalía habilidades nin actitudes. Avalía habilidades do pensamento inferior. Avalía coñecementos, comprensión e aplicación.
20 A1
A3
B7
C14
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É posible valorar aprendizaxes e accións e como se levan a cabo valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia...
Obxectivos: Avaliar as habilidades de pensamento superior.
25 A1
A2
A3
A4
B1
B6
C13
D1
D2
D3
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Na presentación avalíanse coñecementos, habilidades e actitudes.
Os obxectivos son avaliar as habilidades de pensamento superior (análise e síntese).
40 A1
A2
A3
A4
B1
B6
C13
C14
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/As estudantes que non superen a materia en formacion continua na convocatoria de primeira oportunidade, de cada curso académico, na que a distribución de pesos de avaliación é a anteriormente indicada, terán a posibilidade de presentarense a un exame de preguntas obxectivas, de valor o 100% da nota final, en sucesivas convocatorias que non sexan a de primeira oportunidade de cada curso académico.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o/a alumno/a non xunta os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderase colixir que o alumnado non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do estudantado un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de admnistración e servizos do mestrado. Calquera cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudantado poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000