Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Capacidade para a redacción, dirección e desenvolvemento de proxectos no ámbito da construción
  CG2 Coñecemento en materias tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
  CG3 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
  CG4 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, peritacións, estudos, informes e outros traballos análogos
  CG5 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento
  CG6 Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas
  CG7 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade
  CG8 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa e outras institucións e organizacións
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Coñecemento e manexo da normativa xeral e específica de aplicación ao sector da construción
  CE2 Dominio dos métodos de elaboración de informes e outros documentos técnicos específicos
  CE3 Coñecemento dos diferentes sectores de actividade económica relacionados coas empresas construtoras, estudos e enxeñarías
  CE4 Implantación e aplicación das políticas de seguridade e prevención de riscos no sector da construción
  CE5 Coñecemento e aplicación das técnicas e aspectos legais para o deseño de construcións
  CE6 Capacidade para planificar as necesidades e servizos demandados polas edificacións
  CE7 Implantación e aplicación dos criterios de sustentabilidade dirixidos a todas as fases do proceso construtivo, con especial atención á eficiencia enerxética
  CE8 Coñecemento orientado a unha visión xerencial do sector da construción, aplicando criterios de xestión e control a todo o proceso produtivo
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Desenvolvemento de competencias intelectuais, organizativas e comunicativas axeitadas ao traballo académico e profesional
  CT2 Pensamento crítico.
  CT3 Investigación independente.
  CT4 Aprendizaxe autónoma e auto dirixida
  CT5 Técnicas de traballo avanzado en grupo.
  CT6 Uso de tecnoloxías.
  CT7 Xestión do tempo e organización de tarefas
  CT8 Iniciativa
  CT9 Rigor e responsabilidade no traballo.
  CT10 Capacidade de análise e síntese. Organización e planificación. Xestión da información
  CT11 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica para comunicarse con persoas non expertas
  CT12 Traballo interdisciplinario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000