Traballo tutelado |
O Traballo Fin de Máster realizarase baixo a supervisión e dirección dun profesor que exercerá as funcións de titor.
A titorización consistirá en supervisar e orientar o estudante na temática, metodoloxía,
elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao Traballo Fin de Máster, así como facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a presentación e defensa do Traballo Fin de Máster.
As normas relativas á titorización do Traballo Fin de Máster recollidas na normativa do
mesmo. |
Presentación |
O alumno deberá recoller o Traballo Fin de Máster nunha memoria que deberá entregar en tempo e forma
a Comisión Académica, a cal a porá a disposición do Tribunal avaliador da
materia.
O alumno deberá facer unha exposición e defensa do Traballo Fin de Máster diante do Tribunal avaliador que calificará o traballo.
As normas polas que se rexerá a presentación da memoria e a exposición do traballo diante
do tribunal serán fixadas con suficiente antelación pola Comisión Académica do Máster. |