Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Dirección da Empresa e dos Recursos Humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas de avaliación continua que se realizarán nas clases de prácticas de cada unha das partes da materia consistentes na resolución dalgún caso ou situación similar ás desenvolvidas nas clases. 30 C2
C6
C20
C21
C22
C23
C25
Exame de preguntas de desenvolvemento 2 Teórico-Prácticas: Probas de avaliación continua de igual peso (35%) que se realizarán ao longo do curso, nas clases de teoría, distribuídas de forma uniforme ao finalizar cada unha das partes e programadas para que non interfiran no resto das materias. As probas consistirán na resolución de preguntas/exercicios relativos os contidos desenvolvidos nos bloques da materia. 70 C2
C6
C20
C21
C22
C23
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as *probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir
un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000