Educational guide 2025_26
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Medios, Máquinas e Ferramentas de Fabricación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxecto O alumno realizará un proxecto práctico de deseño e fabricación dun molde ou ferramenta. Na súa elaboración, utilizará o software CAD/CAM/CAE Autodesk Fusion360 e os equipos de fabricación dispoñibles no taller de fabricación da Área IPF na Sede do Campus Lagoas Marcosende. 80 A1
A5
C1
C3
C10
C13
D5
Presentación O alumno documentará e presentará o proxecto desenvolvido durante o curso 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (Xaneiro):

a) Modalidade de Avaliación continua

A avaliación continua realizarase durante o período de impartición da materia.

Nesta modalidade, todas as probas son obrigatorias. A contribución de cada proba á nota total é a seguinte:

  1. Primeiro Informe do Traballo: Ao comezo do proxecto, o alumno presentará un primeiro informe no que detallará tanto os obxectivos do traballo como os recursos e o plan de execución. Deberá quedar demostrada tanto a idoneidade do tema escollido como a viabilidade da súa fabricación cos recursos dispoñibles no obradoiro mecánico da Área IPF na sede do Campus da EEI (10% da cualificación).

  2. Informe final do Traballo: Este informe constituirá a memoria do traballo e incluirá os cálculos, planos, follas de proceso, custos, etc. (30% da cualificación).

  3. Fabricación: O alumno deberá fabricar, nos laboratorios da Área IPF na sede do Campus da EEI, o produto obxecto do traballo (40% da cualificación).

  4. Presentación do Traballo: Unha vez entregado o Informe Final, o alumno realizará unha presentación pública do mesmo (20% da cualificación).

Para superar a materia na primeira oportunidade mediante avaliación continua, deberase acadar un mínimo do 40% en cada unha das probas anteriormente descritas.

No caso de que o estudante non acade ese mínimo nalgunha das probas de avaliación continua ou, aínda acadándoo, non obteña un mínimo de 5 (escala de 0 a 10) na nota global da materia, considerarase que non superou a materia e deberá presentarse á Segunda Oportunidade (mes de xuño/xullo).

No caso de non acadar o mínimo nalgunha das probas e a suma das cualificacións sexa superior a 5 (escala de 0 a 10), na súa acta figurarán 4,9.

b) Modalidade de Avaliación global

Os estudantes que renuncien á metodoloxía de avaliación continua e opten pola modalidade de avaliación global serán avaliados unicamente en base a:

  1. Informe final do Traballo: Constituirá a memoria do proxecto e incluirá os cálculos, planos, follas de proceso, custos, etc. (40% da cualificación).

  2. Fabricación: O alumno deberá fabricar, nos laboratorios da Área IPF na sede do Campus da EEI, o produto obxecto do traballo (40% da cualificación).

  3. Presentación do Traballo: Unha vez entregado o Informe Final, o alumno realizará unha presentación pública do mesmo (20% da cualificación).

Para superar a materia na primeira oportunidade mediante avaliación global, deberase acadar un mínimo do 40% en cada unha das probas descritas anteriormente.

Se o estudante non acada este mínimo nalgunha das probas ou, aínda acadándoo, non obtén un mínimo de 5 (escala de 0 a 10) na cualificación global, considerarase que non superou a materia e deberá presentarse á Segunda Oportunidade (xuño/xullo).

Se non acada o mínimo nalgunha proba e a suma das puntuacións supera os 5 puntos, na acta constará unha cualificación de 4,9.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (Xuño/Xullo):

Na Segunda Oportunidade, todos os estudantes serán avaliados seguindo as directrices da modalidade b) Avaliación global da Primeira Oportunidade.

Compromiso Ético:
Espérase que o alumnado manteña un comportamento ético axeitado, segundo se recolle nos artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023. En caso de detectarse comportamento non ético (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global do curso académico será de suspenso (0,0).

AVISO:
En caso de discrepancia entre as distintas versións lingüísticas da guía docente, prevalecerá o recollido na versión en castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000