Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Instalacións e Uso Eficiente da Enerxía Eléctrica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Lección maxistral en aula 70 C1
C12
C17
Resolución de problemas Desenvolvemento de problemas 30 C1
C12
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Continua (EC, 30%)


Salvo que non haxa tempo, ao longo do cuadrimestre haberá un exame de cada un dos capítulos vistos en clase (Teoría+Práctica).

Exame Final (EF, 70%)

-Sesión Maxistral (40%)

No Exame Final (EF_SM) haberá un bloque de preguntas correspondente a cada un dos capítulos vistos en clase (Teoría+Prácticas)

-Resolución de problemas e/ou exercicios (30%)

No Exame Final (EF_RP) haberá varios problemas correspondentes aos capítulos vistos en clase (Teoría+Prácticas)

Nota Final (NF):

A Nota Final (NF) obterase aplicando a seguinte formula:
 NF=(NEC+NEF_*M)+NEF_RP

Para aprobar a materia, téñense que cumprir simultaneamente as 3 condicións seguintes:

1.- Que NF=5.0 puntos sobre 10.
2.- Que (NEC+NEF_SM) de cada capítulo, sexa como mínimo igual a 2.1 puntos sobre 7.
3.- Que NEF_RP sexa como mínimo igual a 1.0 puntos sobre 3.

(NF: Nota Final, NEC: Nota Avaliación Continua, NEF_SM: Nota Exame Final Sesión Maxistral, NEF_RP: Nota Exame Final Resolución Problemas)


Datas Exames:

A data dos exames de EC fíxaos o profesor.
A data do EF fíxao a dirección da Escola.

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que
o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso
(0.0). 

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante
as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso académico e a
cualificación global será de suspenso (0.0).&*nbsp;
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000