Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Dirección Estratéxica. Produción e Loxística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Caso sobre unha situación de problemática nunha empresa 20 CB3
CB4
CE6
CE20
CE21
CE24
CT10
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 50 CE20
CE21
CE24
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica pode se presencial e non presencial. Pódense utilizar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc. 30 CE20
CE21
CE24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua

Para superar a materia por avaliación continua, o alumno/a deberá
superar as prácticas e o exame final.

Para superar as prácticas, o alumno/a deberá asistir, e
presentar as memorias correspondentes, a aquelas prácticas que sexan
consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias
presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesor para
poder superar as prácticas. En caso de falta de asistencia ás prácticas
obrigatorias, o alumno/a deberá presentar igualmente as memorias
correspondentes, e ademais elaborar e aprobar un traballo compensatorio
relacionado con cada práctica á que non asistise, indicado polo
profesor correspondente.

Ademais, o alumno/a deberá superar o exame final da
materia, cunha parte teórica (50% da nota) e outra práctica ( problemas, 50% da nota).

Previamente ao exame final farase unha proba de seguimento,
cara á metade do curso, que será liberatoria, da materia incluída nela,
para o exame final. 

Convocatorias oficiais

O alumno/a terá que presentarse a un exame final, cunha
parte teórica (30% da nota) e outra práctica (casos e problemas, 70% da nota). 

O
alumno/a que teña superadas as prácticas, e que superase a proba
de seguimento intermedia, fará unha proba reducida correspondente á
materia restante, cunha parte teórica (30% da nota) e outra práctica (caso,
70% da nota).

O alumno/a que teña superadas as prácticas e non superase
a proba de seguimento intermedia, fará unha proba reducida correspondente a toda
a materia da materia, cunha parte teórica (30% da nota) e outra
práctica (casos, 70% da nota).

O alumno/a que non supere as prácticas fará unha proba ampliada con valor do 100% da nota (30% para
a parte teórica e 70% para a parte práctica), con independencia de que superase
ou non a proba de seguimento intermedia no seu momento.

Aclaracións
 
A cualificación final calcularase a partir das notas das
distintas probas, tendo en conta a ponderación destas:

- Parte teórica: 50%
- Parte práctica (casos e problemas): 50%

De calquera modo, para superar a materia é condición necesaria
superar todas as partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota
mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a 5).
Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha
das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a cualificación final será de suspenso.

A modo
de exemplo, un alumno/a que obteña as seguintes
cualificacións: 8 e 3, estaría suspenso, aínda cando a nota media dá un valor
superior a 5, posto que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestes
casos, a nota que se reflectirá na acta será suspenso (4,0)

Non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non
superación da materia no presente curso académico e a cualificación
global será de “suspenso (0,0)”.

Compromiso ético

Espérase que o alumno/a presente
un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros) considerarase que o alumno/a non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico
será de “suspenso (0,0)”.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000