Prácticas de laboratorio |
Valorarase a participación activa en todas as clases e, cando proceda, a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización. Puntuarase de 0 a 10. Para que se sume á nota obtida no exame será necesario ter obtido neste unha puntuación de 4.5 sobre 10.
A cualificación das prácticas verase afectada polo coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.
A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª
oportunidade da convocatoria do curso.
|
10 |
A1 A2
|
|
C7 C30
|
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Formularanse exercicios curtos e tests conceptuais ao longo do curso nas horas de aula. A súa valoración será de 0 a 10 puntos.
Para que a cualificación obtida nestas probas se sume á alcanzada no exame, será necesario ter obtido neste unha puntuación mínima de 4/10.
A cualificación das prácticas verase afectada polo coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.
A cualificación obtida será a mesma na 1ª e en 2ª
oportunidade da convocatoria do curso. |
10 |
|
|
C30
|
|
Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.
O alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia.
Durante o curso 2015/2016 gardarase a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio no curso 2014/2015 (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso.
Así mesmo, durante o curso 2015/2016 gardarase a cualificación obtida no curso 2014-2015 nas probas de seguimento (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso.
Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua:
A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos do apartado "Metodoloxías" da guía docente) determinará a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do seguinte modo:
Cualificación das prácticas de laboratorio = K. (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)
Cualificación das probas de seguimento = K. (Suma das Cualificacións das probas de seguimiento)/(Nº de probas de seguimento)
Onde K = (n.º de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)
A falta de entrega de informes de prácticas, por causa xustificada ou non, non supoñerá a repetición da práctica nunha data distinta.
A falta de asistencia a unha proba de seguimento, por causa xustificada ou non, non supoñerá a realización da proba en data diferente.
A data e os lugares de realización dos exames de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |