Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Ampliación de Física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada 50
CB1
CB3
CE7
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor
40
CB1
CB3
CE7
CE10
Informe de prácticas Elaboración dun informe por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos 10
CB1
CB3
CE7
CE10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA (40%)

- Cualificación A0 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II

- Cualificación L0 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1 (10%) e
informes de prácticas (ou informes temáticos) sobre os contidos do bloque III.2
(10%). Á cualificación L0 só poden optar alumnos que asistisen regularmente ao
laboratorio

EXAME FINAL (60%)

- Realízase na convocatoria de
decembro-xaneiro

- Cualificación T1 (30%) obterase
mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques
I e II

- Cualificación P1 (30%) obterase
mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Cualificación global G1 obtense
como

G1 = T1 + P1 + L0 + A0

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5

2. AVALIACIÓN AO FINAL DO CUADRIMESTRE

EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA
(40%)

- Realízase o mesmo día que o exame
final (decembro-xaneiro)

- Cualificación A1 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II

- Cualificación L1 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Neste caso a cualificación global
G1 obtense como

G1= T1 + P1 + L1 + A1

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5

- No caso de que se dispoña xa
dalgunha das cualificacións L0 ou A0 (ou ambas), pode escollerse entre:

a)
realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1. Neste caso, L1 substitúe e anula
a L0 mentres que A1 substitúe e anula a A0

b) utilizar L0 e/ou A0 en lugar de
realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1, respectivamente

3. AVALIACIÓN EN SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO-XULLO)

EXAME FINAL (60%)

- Realízase na convocatoria de
xuño-xullo

- Cualificación T2 (30%) obterase
mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques
I e II

- Cualificación P2 (30%) obterase
mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II

EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA
(40%)

- Realízase o mesmo día que o exame
final (xuño-xullo)

- Cualificación A2 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II

- Cualificación L2 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Neste caso a cualificación global
G2 obtense como

G2 = T2 + P2 + L2 + A2

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G2 maior ou igual a 5

- No caso de que se dispoña xa
dalgunha das cualificacións L0, L1, A0 ou A1, pode escollerse entre:

a) realizar a proba correspondente a
L2 e/ou A2. Neste caso, cada nova cualificación substitúe e anula á anterior do
mesmo tipo (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1, respectivamente)

b) para cada tipo, utilizar a
cualificación que xa se ten (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1) en lugar de realizar a
proba correspondente (L2 e/ou A2)

4. NOMENCLATURA DE CUALIFICACIÓNS

- L = a máis recente das cualificacións
L0, L1 ou L2

- A = a máis recente das
cualificacións A0, A1 ou A2

- T = T1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou T2 en convocatoria de xullo (2º edición)

- P = P1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou P2 en convocatoria de xullo (2º edición)

- G = G1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou G2 en convocatoria de xullo (2º edición)

- En calquera das dúas convocatorias
oficiais obtense a cualificación global como

G = T + P + L + A

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G maior ou igual a 5

5. NORMAS DE AVALIACIÓN COMPLEMENTARIAS

- É obrigatorio levar o DNI ou
documento identificativo equivalente aos exames

- Documentación utilizable durante a
realización dos exames:

a) Nas probas de problemas sobre os
contidos dos bloques I e II (probas correspondentes ás cualificacións P1 e P2) permitirase
utilizar unicamente apuntamentos de teoría debidamente encadernados (incluíndo
tanto apuntamentos oficiais da materia como apuntamentos manuscritos
exclusivamente de teoría), un libro de teoría e un libro de táboas matemáticas (Bronshtein
ou similar). Non se permitirán coleccións nin libros de problemas

b) Nas restantes probas dos exames
non se permitirá utilizar documentación algunha

c)
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación
global será "suspenso (0,0)"

- As probas de avaliación e a súa
corrección serán realizadas conxuntamente polo colectivo de profesores que
imparten a materia

- Aqueles alumnos que non se
presenten ao exame final obterán como cualificación global "non presentado"

- As datas dos exames en cada
convocatoria serán as asignadas pola Dirección da E.E.I.

- Tanto os exames da convocatoria fin
de carreira como os que se realicen en datos e/o horarios distintos a os
fixados oficialmente polo centro, poderán ter un formato de exame distinto a o
detallado anteriormente, aínda que as cualificacións (L, A, T e P) conservarán
o mismo valor na cualificación global G.

- Darase a coñecer con suficiente
antelación a data e as horas de revisión de exames. Fóra desas horas non será
posible, excepto por causas debidamente xustificadas e demostradas

6. COMPROMISO ÉTICO

Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou
outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será "suspenso (0.0)"

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000