Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Coñecemento das tecnoloxías, os compoñentes e os materiais nos procesos de deseño e fabricación
  CG2 Capacidade para o desenvolvemento e innovación de procesos de deseño e fabricación, nun contexto sustentábel
  CG3 Capacidade para desempeñar funcións relacionadas cos procesos de deseño e fabricación nun entorno empresarial
  CG4 Capacidade de análise e síntese e de resolver problemas e tomar decisións con iniciativa, de xeito creativo e con razoamento crítico, a partir de información que pode ser incompleta ou limitada
  CG5 Destreza na aplicación de ferramentas informáticas no ámbito da enxeñaría
  CG6 Capacidade de analizar e avaliar o impacto social, ético e medioambiental das solucións técnicas
  CG7 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia e transmitir conceptos, especificacións e funcionalidades no eido da enxeñaría, tanto de maneira oral coma escrita
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Coñecemento dos métodos de deseño e modelado avanzado de produtos e proceso.
  CE2 Capacidade para o deseño, desenvolvemento e cálculo avanzado de produtos e procesos
  CE3 Habilidade para a redacción e interpretación de documentación técnica
  CE4 Capacidade de xestión e análise de proxectos no ámbito do deseño e a fabricación
  CE5 Capacidade para xestionar procesos e produtos a través da súa industrialización adecuada
  CE6 Coñecemento dos métodos de análise e xestión de vida do produto e as súas implicacións sobre os procesos de deseño e fabricación
  CE7 Destreza no manexo de ferramentas de software aplicables a procesos de deseño e fabricación de produtos
  CE8 Coñecemento da selección de materiais, ferramentas e equipos para procesos de fabricación
  CE9 Habilidade para utilizar técnicas de simulación como axuda á toma de decisión nos procesos de deseño e fabricación
  CE10 Capacidade para deseñar e desenvolver moldes, matrices e cuños
  CE11 Coñecemento e capacidade para utilizar sistemas de medición e control en procesos de fabricación
  CE12 Coñecemento e capacidade para avaliar e executar procesos de prototipado e fabricación con materiais compostos
  CE13 Coñecemento de técnicas e capacidade para o modelado de sistemas, células e liñas de fabricación
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Capacidade para Planificar, organizar e desenvolver estratexias nos procesos de deseño e fabricación.
  CT2 Capacidade para integrarse e dirixir equipos de proxectos multidisciplinares
  CT3 Habilidade para a Toma de Decisións
  CT4 Capacidade de comunicación e negociación en situacións diversas e ante persoas expertas e non expertas.
  CT5 Destreza para expresarse e facer presentacións en lingua inglesa
  CT6 Capacidade de aprendizaxe continuado, tanto dirixido como autónomo
  CT7 Capacidade de creatividade e innovación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000