Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Materias
  Prácticas en Empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas externas O estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio dunha profesión, durante un período determinado e realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas. Avalíase esta actividade a través de datos sobre a participación do alumno, baseados en criterios operativos que facilitan a obtención de datos cuantificables.
Resultados de Aprendizaxe:
O estudante integrarase nos equipos da empresa pertencentes a cada un dos departamentos relacionados co deseño, industrialización e fabricación de produtos.

33 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B7
D1
D2
D4
Cartafol/dossier Documento elaborado polo estudante que recompila información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación.
Resultados de Aprendizaxe:
O estudante integrarase nos equipos da empresa pertencentes a cada un dos departamentos relacionados co deseño, industrialización e fabricación de produtos.
33 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B7
D1
D2
D4
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum Elaboración dun traballo no que o alumno refire as características da empresa, institución pública ou centro de investigación onde realizou as prácticas, e descríbense as tarefas e funcións desenvolvidas.
Resultados de aprendizaxe:
O estudante integrarase nos equipos da empresa pertencentes a cada un dos departamentos relacionados co deseño, industrialización e fabricación de produtos.
34 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B7
D1
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Compromiso ético:

Espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non
autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non
ético detectado, poderíase concluír que o alumno
non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia.

Espérase

do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración
co sistema docente, profesorado, coordinación e
persoal de administración e servizos do máster. Calquera
cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudantado poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.

Existe un
protocolo, aprobado pola Comisión Académica do máster, para establecer o
procedemento de selección e asignación de prácticas externas en empresas.

Ademais deste
protocolo, que se atopa publicado no sitio da materia na
plataforma de docencia Faitic, descríbese o procedemento para a realización
dos trámites documentais para a realización das prácticas, e lémbrase que:

O
alumno deberá seguir o procedemento descrito na plataforma Faitic. En caso
de non cumprir co disposto no devandito procedemento, en contido e forma,
ben sexa na súa fase inicial, durante ou na finalización das mesmas, avaliarase
como “non presentado” na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000