Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Materias
  Simulación de Procesos e Sistemas de Fabricación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Cuestionario con preguntas de elección múltiple (resposta única), Elección múltiple (múltiples respostas), Verdadeiro/Falso, Encha os ocos ou Relacionar. Os fallos restarán a probabilidade de acertar.
Resultados de Aprendizaxe:
Levar a cabo un control de planta de fabricación e saber interpretar o seu lugar na xestión de sistemas de fabricación.
33.4 A1
A2
A4
B4
C13
D1
D6
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do estudante no que se reflictan as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedimentos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
Resultados de aprendizaxe:
Representar o funcionamento de sistemas de fabricación e os seus procesos a través do modelado,
18.3 A1
A2
A5
B4
B5
C7
C9
C13
D6
Probas de autoavaliación Probas nas que o alumno valora os seus logros en función dos obxectivos propostos e determina os factores que poden influír na súa actuación.
Resultados de aprendizaxe:
Crear, intercambiar e experimentar diferentes estratexias, metodoloxías e "lay-outs" de sistemas de fabricación de produtos en todo o seu ciclo de vida.

15 A2
A4
A5
B4
C3
D1
D3
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade presentada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Desenvolvidas ao longo de cada cuadrimestre como avaliación continua e poden incluír controis de asistencia e presencialidade que se poderán tomar con índices de realización das mesmas.
Resultados de aprendizaxe:
- Representar o funcionamento de sistemas de fabricación e os seus procesos a través do modelado.
- Levar a cabo un control de planta de fabricación e saber interpretar o seu lugar na xestión de sistemas de fabricación.
- Crear, intercambiar e experimentar diferentes estratexias, metodoloxías e *lay-*outs de sistemas de fabricación de produtos en todo o seu ciclo de vida.
33.3 A1
A2
A4
A5
B4
B5
C3
C7
C9
C13
D1
D3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Compromiso ético:

Espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados,
por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios
para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético
detectado, poderíase concluír que o alumno
non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia.

Espérase

do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración
co sistema docente, profesorado, coordinación e
persoal de administración e servizos do máster. Calquera
cuestión debida á falta de comportamento ético e digno dos estudante poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.

Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento xeral para valorar o
proceso e os resultados: En cada materia o
profesor responsable asignará unha nota a cada estudante en función da
súa actitude e participación.

Para esta materia, en concreto, no
compoñente autoevaluativo e de probas prácticas reais e/ou simuladas poderá ser considerada a presencialidade e para
iso teranse en conta as follas de firmas
dos estudantes nas sesións presenciais.

Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, unha rúbrica de avaliación
para aclarar como se poden agrupar e diseminar estas porcentaxes
para completar o despregamento da repartición do sistema
proposto na memoria do máster ás guías docentes de cada materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000