Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Materias
  Ferramentas CAD para Deseño Mecánico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Resultados de aprendizaxe:
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para o deseño de conxuntos
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para a correcta definición dimensional de produtos
33.4 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C3
C7
D6
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflictan as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento dos datos. Habilitaranse exercicios na plataforma de teledocencia para tal fin.
Resultados de aprendizaxe:
O alumno adquire as competencias necesarias para realizar deseños en 3D.
33.3 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C3
C7
D6
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade presentada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Desenvolvidas ao longo de cada cuadrimestre como avaliación continua e poden incluír controis de asistencia e presencialidad que se poderán tomar como índices de realización das mesmas.
Resultados de Aprendizaxe:
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para o deseño de conxuntos
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para a correcta definición dimensional de produtos.
33.3 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C3
C7
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo
de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou
as competencias necesarias para superar a materia.

Espérase do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración
co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de administración
e servizos do máster. Calquera cuestión debida á falta de comportamento
ético e digno do estudante poderá ter repercusión sobre a
avaliación da materia.

Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento
xeral para valorar o proceso e os resultados: En cada materia o profesor
responsable asignará unha nota a cada estudante en función da súa actitude e
participación.

Para esta materia, en concreto, no compoñente de execución de probas
prácticas e no de informes, poderá ser considerada a presencialidade e para
iso teranse en conta as follas de firmas dos estudantes nas
sesións presenciais.

Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, unha rúbrica de avaliación
para aclarar como se poden agrupar e segregar estas porcentaxes
para completar o despregamento da repartición do sistema proposto na memoria
do máster ás guías docentes de cada materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000