Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría da Automoción
 Materias
  Ferraxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Preguntas de selección entre varias opcións.
Resultados de aprendizaxe: Avalíanse todos.
100 A3
B2
B5
B6
B8
C3
C12
C15
D1
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Emprégase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).

Ningunha proba de avaliación continua poderá superar a puntuación máxima legalmente establecida.

Exame global: O alumnado que o solicite poderá ser avaliado cun único exame no que se poderán avaliar todos os contidos impartidos na materia. Establécese como data tope para solicitar a renuncia á avaliación continua 30 días naturais tras o inicio do curso.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a  cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as  probas de avaliación salvo autorización expresa.

O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a  cualificación global será de suspenso (0.0).

Calendario de exames: Esta información pódese consultar de forma actualizada no calendario do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000