Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría da Automoción
 Materias
  A industria do automóvil
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B3 Que os estudantes alcancen as habilidades necesarias para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas.
B6 Que os estudantes dispoñan das aptitudes de organización e planificación no ámbito da empresa e outras institucións e organizacións.
B7 Que os estudantes adquiran técnicas de traballo en grupo e de capacidade de liderado para aplicar no ámbito da automoción.
B8 Que os estudantes adquiran capacidade de análise e síntese.
C1 Posúe unha visión xeral da industria do automóbil e dos seus procesos de desenvolvemento e industrialización para distinguir todos os aspectos involucrados.
C15 Posúe e manexa con habilidade conceptos de xestión de proxectos, xestión da innovación, loxística, calidade, recursos humanos e medioambiente empregados na industria da automoción.
D1 Capacidade para desenvolver habilidades intelectuais, organizativas e comunicativas adecuadas ao traballo académico e profesional.
D3 Desenvolvemento de rigor e responsabilidade no traballo.
D5 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
D6 Comunicación oral e escrita na propia lingua.
D7 Iniciativa e espírito emprendedor.
D8 Habilidades nas relacións interpersoais.
D9 Motivación pola calidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000