Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
A2 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B1 Capacidade de aprendizaxe autónomo
B2 Capacidade de organización y planificación
B3 Capacidade de xestión da información
B4 Capacidade de análise e síntese
B5 Capacidade de adaptarse a novas situacións e adoptar decisións
C1 Capacidade para coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química
C2 Empregar correctamente a terminoloxía química, nomenclatura, conversións e unidades
C3 Recoñecer e analizar problemas químicos, cualitativos e cuantitativos, presentando estratexias para solucionalos a través da avaliación, interpretación e síntese de datos e información química
C4 Utilizar adecuadamente ferramentas informáticas para obter información, procesar datos, realizar cálculos computacionais e calcular propiedades da materia
C5 Presentar material e argumentos científicos de maneira oral e escrita a unha audiencia especializada
C6 Coñecer os fundamentos e ferrramentas habituais na resolución de problemas analíticos e na caracterización de substancias químicas
C7 Distinguir os principais tipos de reaccións químicas e as características asociadas a eles
C8 Coñecer as propiedades características dos elementos e os seus compostos, incluíndo as relacións entre grupos e as súas variacións na táboa periódica
C9 Coñecer os aspectos estruturais dos elementos químicos e os seus compostos, incluíndo a estereoquímica
C10 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos
C11 Coñecer os principios da Termodinámica e as súas aplicacións na Química
C12 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción
C13 Coñecer os principios e aplicacións da electroquímica
C14 Coñecer os principios da mecánica cuántica e a súa aplicación na descrición da estrutura e as súas propiedades de átomos e moléculas
C15 Coñecer as principais técnicas de investigación estrutural, incluíndo a espectroscopia
C16 Coñecer a relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais, incluíndo as macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides, cristais e outros materiais
C17 Coñecer a natureza e comportamento dos grupos funcionais nas moléculas orgánicas
C18 Coñecer as propiedades dos compostos alifáticos, aromáticos, heterocíclicos e organometálicos
C19 Coñecer as principais rutas de síntese na química orgánica, incluíndo as interconversións de grupos funcionais e a formación dos enlaces carbono-carbono e carbono-heteroátomo
C20 Coñecer a estrutura e reactividade das clases principais de biomoléculas e a química de procesos biolóxicos importantes
C21 Coñecer conceptos matemáticos baseados noutros xa coñecidos e ser capaz de utilizalos nos diferentes contextos da Química
C22 Coñecer e aplicar os fundamentos da Física necesarios para comprender os aspectos teóricos e prácticos da Química que o necesitan
C23 Coñecer os principios e procedementos na enxeñaría química
C24 Coñecer as propiedades e aplicacións dos materiais
C25 Manexar con seguridade substancias químicas, tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas, avaliando o risco asociado ao seu uso e ao dos procedementos de laboratorio e incluíndo as súas repercusións medioambientais
C26 Levar a cabo correctamente procedementos habituais no laboratorio, incluíndo o uso de instrumentación química estándar para o traballo sintético e analítico
C27 Demostrar capacidade para a observación, o seguimento e a medida dos procesos químicos, mediante o seu rexistro sistemático e fiable e a presentación de informes do traballo realizado
C28 Interpretar os datos derivados das observacións e medidas do laboratorio en términos do seu significado e relacionalos coa teoría adecuada
C29 Demostrar habilidade para os cálculos numéricos e a interpretación dos datos experimentais, co uso correcto de unidades e a estimación da incerteza
C30 Capacidade para entender, interpretar e adaptar os avances no campo da Química Analítica
C31 Coñecer os procesos de control aplicados nos laboratorios analíticos para lograr a súa correcta xestión e asegurar a calidade dos resultados
C32 Adquirir coñecementos básicos sobre o control e a avaliación no medio ambiente e na seguridade agroalimentaria
C33 Coñecer a metroloxía dos procesos químicos, incluíndo a xestión da calidade
C34 Seleccionar e utilizar distintos procedementos de obtención e caracterización de nanomateriales e coñecer o seu potencial no desenvolvemento de novas aplicacións
C35 Adquirir coñecementos teóricos e experimentais en aspectos avanzados da Química Física
C36 Coñecer os fundamentos e ser capaz de empregar diferentes métodos de cálculo mecanocuántico aplicados á sistemas de interese en química
C37 Adquirir coñecementos básicos de programación e ser capaz de utilizar paquetes informáticos adecuados para resolver problemas de interese químico
C38 Relacionar as bases estructurais dos compostos organometálicos coas súas propiedades físicas, espectroscópicas e químicas
C39 Seleccionar as técnicas e os procedementos adecuados aos problemas de elucidación estrutural, de síntese e de illamento e purificación de compostos organometálicos
C40 Adquirir coñecementos sobre a variedade de papeis que desempeñan os ions metálicos na Bioloxía. Coñecer as biomoléculas que conteñen ions metálicos
C41 Avaliar os riscos sanitarios, o impacto ambiental e socioeconómico das substancias químicas
C42 Coñecer estratexias sintéticas que permitan a obtención estereoselectiva de compostos con actividade biolóxica
C43 Coñecer os compostos químicos con aplicación terapéutica
C44 Coñecer os principais métodos de estudo dos mecanismos das reaccións orgánicas
C45 Aplicar os coñecementos de química e enxeñaría química aos procesos industriales
C46 Coñecer os principios e procedementos da tecnoloxía medioambiental aplicada á industria.
C47 Coñecer os principios e procedementos da seguridade e hixiene na industria.
C48 Ser capaz de determinar o comportamento dun material
C49 Adquirir os coñecementos, habilidades e destrezas suficientes para a práctica da inmunoquímica en distintos ámbitos
C50 Coñecer o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
D1 Capacidade para resolver problemas
D2 Capacidade para traballar en equipo
D3 Capacidade para comunicarse de forma oral e escrita en castelán e/ou galego e/ou inglés
D4 Incorporar no exercicio profesional criterios de sustentabilidade e compromiso ambiental. Adquirir habilidades no uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
D5 Capacidade para desenvolver a súa actividade profesional dende o respecto aos dereitos fundamentais e á igualdade de oportunidades, no marco da deontoloxía profesional e do compromiso ético
D6 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000