Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica III: Química de coordinación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nas sesións de seminario se lles poderá pedir ás/ós estudantes a resolución de cuestións sinxelas que deberán entregar nese momento e que servirán para a súa evaluación. A puntuación soamente será considerada se na proba longa se acada unha calificación igual ou superior a 3 puntos sobre 10.
15 C7
C15
Prácticas de laboratorio The evaluation in the laboratory practices will have 10% regarding the laboratory notebook (it can be through a written test) and 5% to the behavior and skills by direct observation of the teacher. Students may also be asked to solve simple questions that they must deliver at that time and that will serve for their evaluation. 15 A2
A3
C26
D2
Lección maxistral Nas sesións maxistrais se lles poderá pedir ás/ ós estudantes a resolución de cuestións sinxelas que deberán entregar nese momento e que servirán para a súa evaluación. A puntuación soamente será considerada se na proba longa se acada unha calificación igual ou superior a 3 puntos sobre 10.
5 A3
B3
B4
C7
C15
Exame de preguntas obxectivas Haberá dúas probas curtas (1 hora cada unha) onde se avaliarán as competencias adquiridas ata o momento. A data e hora de realización constará na programación académica aprobada na Xunta de Facultade correspondente.
30 C7
C15
Exame de preguntas obxectivas Haberá unha proba final no que se fará unha avaliación de todas as competencias da materia. A data e hora de realización constará na programación académica aprobada na Xunta de Facultade correspondente.
35 C7
C15
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Condicións que afectan a calquera tipo de avaliación:

  • Todas as probas escritas incluirán un conxunto de cuestións de nomenclatura e formulación de compostos inorgánicos simples. De non acadar o 90% de respostas correctas, a cualificación da correspondente proba non será considerada na correspondente avaliación.
  • O profesor pode solicitar, de forma presencial a/o estudante, as aclaracións que estime oportunas ao respecto das súas respostas en calquera das probas escritas. A súas contestacións poderán ser consideradas na avaliación da proba e modificar a súa calificación.
  • As prácticas de laboratorio son de carácter experimental e de asistencia obrigatoria a todas as sesións (artigo 14 do Regulamento Sobre Avaliación, A Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Aprendizaxe do Estudantado da Universidade de Vigo). A avaliación de competencias de carácter experimental realizaránse nas sesións de asistencia obrigatoria.
  • A cualificación final das/dos estudantes, de ser superior a 7 puntos
    sobre 10, poderá ser normalizada de forma que a cualificación máis alta
    poda ser ata 10 puntos.

Avaliación continua

Condicións para optar a avaliación continua:

  • É obrigatoria a asistencia as clases teóricas e seminarios (artigo 13 regulamento de Avaliación) e prácticas de laboratorio
  • O profesor/a debe dispor en tempo e forma dun mínimo do 80% dos entregables propostos nas distintas actividades presencias (exercicios en clases teóricas e seminarios ou exercicios de traballo autónomo) ao final do curso. 
  • É tamén obrigatorio que o/a estudante se presente a todas as probas escritas planificadas para superar a materia.
  • O incumprimento de calquera destas condicións implica a perda de dereito a avaliación continua.

Desenrolo da avaliación continua:

  • As competencias específicas da materia relacionadas coas competencias da titulación (CE7, CE15 e CE26) se avaliarán de forma explícita en exercicios na aula e probas escritas. As competencias básicas, xerais e transversais serán avaliadas de forma implícita na cualificación dos exercicios.
  • Será necesario unha puntuación superior ou igual ó 30% do valor total en cada unha das probas escritas (curtas e final) e na suma total das cualificacións dos entregables, así como dun 50% das prácticas de laboratorio, para que na cualificación final se teña en conta o resto dos elementos de avaliación (entregables e probas curtas).
  • No caso de non acadar algún dos mínimos, na acta figurará o resultado ponderado das probas e exercicios cualificados nos que se acadou o criterio.
  • Os alumnos que non superen a materia ó final do cuadrimestre deberán facer unha proba escrita no período de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Dita proba terá un valor do 35% da nota e substituirá os resultados da proba do final de cuadrimestre.
  • A cualificación dos entregables (das actividades presenciais) e probas curtas non son recuperables.

Avaliación global

1) Por incumprimento das condicións para avaliación continua

No caso de non acadar as condicións para avaliación continua, o/a estudante poderá presentarse a unha proba ó final do cuadrimestre onde deberá resolver cuestións relacionadas con tódalas competencias específicas da materia. De ter superado a competencia CE26 (relativa a prácticas de laboratorio) no mesmo curso, esta será considerada como superada.

2) No prazo determinado pola Facultade de Química, o/a estudante pode solicitar a avaliación global.

  • Respecto a proba de avaliación global, esta será escrita e nn cada pregunta ou cuestión, se identificará a competencia resultado de aprendizaxe que se está a avaliar. Nese caso:
    1. Será necesario obter un mínimo de 3 ptos sobre 10 de media na avaliación naquelas relacionadas coas competencias CE7 e CE15 e de 5 nas relacionadas coa competencia CE26 (competencias de traballo de laboratorio) para superar a materia
    2. Será necesario obter unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10 nesa proba para superar a materia e, en ningún caso terase en conta as cualificacións anteriores obtida durante o cuadrimestre

  • Esta proba será diferente en extensión á realizada por aqueles que opten por avaliación continua aínda que realizarase na mesma data. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000