Consideracións
sobre a avaliación das prácticas:
-Prácticas
de laboratorio: a falta de asistencia, aínda sendo xustificada, penalizará a
nota. Un número de ausencias superior ao 25 % das sesións de laboratorio
supoñerá suspender as prácticas. Será necesario obter unha calificación mínima
de 4 puntos sobre 10 para poder sumarse ao resto de elementos de avaliación. A
realización das prácticas e o informe de prácticas é imprescindible para poder
superar a materia tanto na modalidade de avaliación continua como de avaliación
global (non continua).
-Informe de prácticas: será necesario obter
unha calificación mínima de 4 puntos sobre 10 no informe de prácticas para
poder sumarse ao resto de elementos de avaliación.
Consideracións
sobre a avaliación das probas (proba intermedia e de final de cuadrimestre):
-A sección
de cuestións tipo test e a de problemas/exercicios numéricos terán, nas dúas
probas, un peso do 50% cada unha. Para poder promediar a sección de teoría e a
de problemas/exercicios deberase alcanzar un mínimo de 3 puntos sobre 10 en
cada unha das dúas seccións.
-Deberase
alcanzar unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 na primeira proba para que
esta se poda promediar coa segunda. Os estudantes que na 1ª proba non
alcanzasen unha calificación de polo menos 4 puntos sobre 10 deberán levar a
cabo unha proba de recuperación da primeira parte da materia cuxa calificación
substituirá á obtida previamente. Esta proba de recuperación realizarase na
data programada para a 2ª proba. A media das dúas probas deberá ser de polo
menos 4 puntos sobre 10 para poder sumarse ao resto de elementos de avaliación.
Se non se alcanza esta puntuación mínima, a calificación máxima que poderá constar en actas será de 4,5 puntos.
-Unha vez
tidos en conta os criterios anteriores, a superación da materia alcánzase cunha
calificación global de 5 puntos sobre 10.
Calificación
na 1ª oportunidade da convocatoria (Maio-Xuño):
A
participación do alumno en calquera dos elementos de avaliación coa excepción
da resolución de problemas e/o exercicios (entregables) inhabilítao para obter
a calificación de NON PRESENTADO. A calificación na primeira edición da
convocatoria estará integrada polas calificacións obtidas nas clases de
resolución de problemas (entregables) (2 puntos), prácticas de laboratorio (1
punto), informe de prácticas (1 punto), 1ª proba (3 puntos) e 2ª proba (3
puntos).
Calificación
na 2ª oportunidade da convocatoria (Xullo):
A
calificación nesta edición estará formada polas calificacións obtidas nas
prácticas de laboratorio (1 punto), informe de prácticas (1 punto) e exame
final dos contidos da materia (8 puntos).
1. Prácticas
de laboratorio e informe de prácticas (2 puntos).
Se
conservarán as calificacións obtidas polo estudante durante o curso nas
prácticas de laboratorio (1 punto) e informe de prácticas (1 punto).
2. Exame final dos contidos da materia (8 puntos).
Esta proba
incluirá problemas/exercicios numéricos e preguntas tipo test e abarcará todos os
temas da materia. Se terán en conta as mesmas consideracións establecidas para
a primeira oportunidade, e será necesaria unha calificación mínima de 4 puntos
sobre 10 neste exame para que se poda sumar á calificación obtida nas prácticas.
Na segunda
oportunidade da convocatoria se conservarán, se o alumno así o desexa, as
calificacións das partes da materia que teña superado (1ª PROBA ou 2ª PROBA),
de xeito que, de ser o caso, o estudante repetirá únicamente a parte que non teña
superado na primeira oportunidade. Teranse en conta as mesmas consideracións
establecidas para a primeira oportunidade, e será necesaria unha calificación
mínima de 4 puntos sobre 10 neste exame para que se poida sumar á calificación
obtida nas prácticas e á calificación da parte da materia superada polo alumno na
primeira oportunidade da convocatoria.
En ambos
casos, a superación da materia require obter unha calificación global de 5
puntos sobre 10.