Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
*Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a UVigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determínen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido previamente (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o
profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen
Na situación de docencia non presencial as leccións maxistrais impartiríanse a través das Aulas Virtuais do Campus Remoto,
seguindo o calendario oficial, e complementaríanse coas presentacións proporcionadas a través da plataforma Faitic, e con cuestionarios de autoavaliación. Os seminarios impartiríanse tamén nas Aulas Virtuais previstas no Cronograma establecido pola Facultade, a cada un dos grupos no seu horario proposto orixinalmente.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Na situación de docencia non presencial, as prácticas de laboratorio recollidas na guía docente substituiríanse por exercicios prácticos de análises de
datos de experimentos realizados en directo prol o profesor a través da plataforma do campus Remoto. Para o seguimento do traballo utilizarase o correo electrónico, a plataforma *FAITIC e tutorías grupais a través das Aulas Virtuais.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías levarían a cabo en modalidade non presencial, por medios telemáticos (correo electrónico, salas virtuais do
profesorado no Campus Remoto, ou a través dos foros de FAITIC) baixo a modalidade de concertación previa.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir
*Non modificaranse en ningún caso os contidos na Guía Docente.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de docencia non presencial non se modificarán os tipos de probas de avaliación, que terán lugar de forma non presencial a través do Campus Remoto ou de Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000