Guia docente 2017_18
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química biolóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a participación nos seminarios e nas discusións que se propoñan nel 15 C4
C15
C19
C23
D3
D4
D8
D12
D14
D15
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia a practícalas, o desenvolvemento das mesmas, a entrega dunha memoria de practicas. 35 A1
A2
A3
A5
C15
C19
C21
C25
C26
C27
C28
D3
D7
D9
D12
D13
D14
Probas de resposta curta Realizaranse 2 controis cun valor de 15% e 20% respectivamente e un exame final (15%). 50 A1
A3
C4
C15
D1
D3
D4
D9
D12
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A nota dos controis terá carácter eliminatorio, a condición de que alcance o valor mínimo de 5. Para superar a materia o profesor debe de dispor en tempo e forma dun mínimo do 80% do traballo solicitado ao alumno. Será necesario sacar un 5 nas probas teóricas da materia para poder ter en conta o resto dos elementos de avaliación na materia. En caso de non alcanzar o mínimo necesario, a nota final será a nota que aparece no exame teórico final. Para a avaliación teórica final terase en conta a nota obtida no ultimo exame, non se gardará a nota dos controis anteriores se se realiza a avaliación desa parte no exame final. A non realización de ningún control ao longo do curso e a non asistencia ao exame final será considerado como non presentado. A cualificación final dos alumnos aprobados poderá ser normalizada, de maneira que a cualificación mais alta será de ata 10 puntos. O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio; así como do caderno/ informe elaborado. A asistencia a prácticas é obrigatoria, a falta de asistencia aínda sendo xustificada penalizará a nota. Unha asistencia inferior ao 75% das sesións prácticas supón a cualificación de suspenso na materia. Para a avaliación de Xullo realizarase unha proba teórica que será el 50% da avaliación da materia, manterase a cualificación obtida tanto en prácticas como en seminarios. Se entregando o 75% do traballo de prácticas, non se obtivo a nota mínima, poderase realizar en xullo un exame de recuperación de prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000