Guia docente 2017_18
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e xeoloxía: Laboratorio integrado II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O profesor realizará o seguimento do traballo experimental realizado polo alumno/a nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado. Dado que se trata dunha materia de tipo experimental, é obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. É importante indicar que a non asistencia será penalizada na nota final. Si o número de ausencias debidas a causas de forza maior, é superior a 3 suporá suspender a materia. Os días que se falten computarán como ceros na nota de laboratorio.

Na puntuación de este apartado cobrará especial relevancia os seguintes puntos:

-Como se desenvolve o alumno no laboratorio, incluíndo o seu grado de autonomía.

-Como soluciona os problemas que se lle plantexan a hora de facer a práctica.

-Cal é o seu dominio dos coñecementos previos necesarios para facer a práctica.

-Limpeza e tratamento do material.

-Dominio dos cálculos necesarios para realizar a práctica.

-Elaboración do caderno/informes de laboratorio.
40 A5
C25
C26
C27
C28
C29
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
Saídas de estudo/prácticas de campo Realizarase unha memoria sobre o tema da práctica de campo. A asistencia é obrigatoria para poder ser avaliado. 10 A5
C27
C28
D1
D7
D14
D15
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita (de resposta breve) relativa a aspectos concretos das operacións realizadas no laboratorio. 25 A5
C28
C29
D1
D6
D7
D14
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba práctica (sesión de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno/a. Ditas probas serán realizadas de forma independente para cada grupo de prácticas. 25 A5
C25
C26
C28
D1
D7
D9
D12
D13
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ser avaliado o alumno ten que obter unha nota nota mínima dos distintos apartados que comprende a avaliación, esta nota mínima é de 3.5 nas probas teóricas e prácticas e na saída de campo, e de 4 na valoración das practicas de laboratorio.

A asistencia a máis de dúas sesións prácticas implicará que ó alumno xa está sendo avaliado, polo tanto, a súa cualificación non poderá se "Non Presentado".

Requirese do alumnado unha conduta responsable. Non se admite ningunha forma de copia en informes, traballos ou probas. As condutas fraudulentas poderá supoñer suspender a materia durante un curso.

Na segunda convocatoria a avaliación levarase a cabo do seguinte modo:

Unha proba teórico-práctica na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe do alumno: 50%.

Conservarase a puntuación alcanzada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (40%) e prácicas de campo (10%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000