Guia docente 2018_19
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioloxía: Bioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a resolución por parte do alumnado dunha serie de problemas e/ou exercicios como seguimento académico do alumno. A cualificación final destes exercicios será dun 20% da nota final. 20 A5
C15
D1
D3
D7
D9
D12
D13
D14
D15
Traballo tutelado Avaliarase a estructuración e organización dos contidos, a complexidade do traballo, a exposición oral e as fontes consultadas. Estes traballos serán expostos nas sesións de seminarios ao resto de compañeiros. A cualificación final destes traballos será dun 10% da nota final. 10 A5
C15
D1
D3
D4
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
Probas de resposta curta Realizarase unha proba na mitade do curso (parcial, 20%) e outra prueba ao final do curso (final con toda a materia, 50%) sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nos seminarios. Consistirán maioritariamente en preguntas de resposta curta, aunque podería incluir algunha pregunta de resposta longa. Ditas probas representarán o 70% (20%, 50%) da nota final. 70 A5
C15
D1
D3
D4
D7
D9
D12
D13
D14
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que realice a proba final de avaliación será considerado como presentado.

A nota final da materia virá dada pola media ponderada dos tres apartados da avaliación. Desta maneira, para aprobar a materia, devandita media debe ser igual ou superior a 5.0.

Na segunda convocatoria, a avaliación levarase a cabo do seguinte modo: 1. Conservarase a puntuación alcanzada polo alumno durante o curso nos traballos tutelados e os seminarios (30% da nota final). Ningún destes apartados é recuperable. 2. Realizarase unha proba análoga á do final do cuadrimestre. Esta proba equivalerá a un 70% da nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000