Guia docente 2026_27
Facultad de Ciencias del Mar
Máster Universitario en Oceanografía
 Materias
  Cambio Global e Ecosistemas Mariños
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1. Introdución e reflexións para empezar un curso de cambio global. Pegada ecolóxica e índice de desenvolvemento humano. Concepto e obxectivos de desenvolvemento sustentable.
TEMA 2. Escalas de variabilidade natural e antropoxénica: aproximación mediante distintas escalas temporais e espaciais. Tendencias interdecadais na produción primaria.
TEMA 3. Múltiples factores de estrés: temperatura, estratificación e nutrientes. Efectos interactivos: aproximacións experimentais e observacións de campo.
TEMA 4 Efecto da degradación da capa de ozono e do incremento da radiación UV sobre os ecosistemas mariños. O ciclo do ozono. Penetración da radiación UV no medio acuático. Fotodegradación e fotoinhibición. Efectos directos e indirectos da radiación UV sobre os organismos mariños.
TEMA 5. Impacto do cambio global sobre o ciclo do carbono nos océanos. Acidificación oceánica e acidificación costeira. Efectos do incremento do CO2; sobre os organismos e os ecosistemas mariños. Carbono azul (Blue Carbon): captura e secuestro de CO2; en distintos ecosistemas mariños: pradarías mariñas, marismas, manglares e sistemas planctónicos.
TEMA 6. Impacto do cambio global sobre os ciclos bioxeoquímicos nos océanos (O, N, P e Si). Eutrofización: achegas costeiras e atmosféricas. Proliferacións masivas de fitoplancto tóxico.
TEMA 7. Impacto do cambio global sobre as comunidades planctónicas. Respostas das comunidades ao cambio global. Cambios na diversidade, distribución e abundancia de grupos funcionais clave: bacterias, fitoplancto e zooplancto.
TEMA 8. Impacto do cambio global sobre as redes tróficas peláxicas. Cambios na biomasa dos produtores primarios e dos consumidores. Cambios na eficiencia da transferencia trófica nas redes tróficas.
TEMA 9. Sobreexplotación pesqueira. Medidas de sustentabilidade. Estado dos recursos pesqueiros a nivel mundial. Efectos do cambio climático. Efectos top-down.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000