Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Simulación Aplicada a Mecánica de Sólidos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Ao longo do curso exporanse preguntas ao alumnado que deberán responder adecuadamente xustificando razoadamente a resposta.

Os resultados de aprendizaxe relacionados son:

Resolver un problema diferenciando cada fase da simulación polo MEF: preproceso e xeración de malla, cálculo e resolución dos sistemas de ecuacións, postproceso.
Escoller a lei constitutiva que mellor se axuste ao problema físico exposto.
Realizar a selección do tipo e tamaño do elemento e o mallado do dominio.
Empregar e coñecer as diferenzas entre elementos 0D, 1D, 2D e 3D.
Escoller o modelo máis adecuado para a simulación do caso (Deformacións planas, tensións planas, axisimétricos e problemas 3D)
Expor correctamente as condicións de contorno.
Interpretar os resultados obtidos.
10 A1
A2
A4
Prácticas con apoio das TIC Ao longo do cuadrimestre realizaranse varias prácticas; cada unha terá un peso máximo do 20% da nota global da materia.

Valorarase o grao de consecución das prácticas así como a implicación do alumno á hora de obter o obxectivo das mesmas.

Os resultados de aprendizaxe relacionados son:

Resolver un problema diferenciando cada fase da simulación polo MEF: preproceso e xeración de malla, cálculo e resolución dos sistemas de ecuacións, postproceso.
Escoller a lei constitutiva que mellor se axuste ao problema físico exposto.
Realizar a selección do tipo e tamaño do elemento e o mallado do dominio.
Empregar e coñecer as diferenzas entre elementos 0D, 1D, 2D e 3D.
Escoller o modelo máis adecuado para a simulación do caso (Deformacións planas, tensións planas, axisimétricos e problemas 3D)
Expor correctamente as condicións de contorno.
Interpretar os resultados obtidos.
50 C19
C20
D11
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita ao final do cuadrimestre. Realizaranse unha serie de preguntas de resposta curta para avaliar os resultados de aprendizaxe da materia.

Os resultados de aprendizaxe relacionados son:

Resolver un problema diferenciando cada fase da simulación polo MEF: preproceso e xeración de malla, cálculo e resolución dos sistemas de ecuacións, postproceso.
Escoller a lei constitutiva que mellor se axuste ao problema físico exposto.
Realizar a selección do tipo e tamaño do elemento e o mallado do dominio.
Empregar e coñecer as diferenzas entre elementos 0D, 1D, 2D e 3D.
Escoller o modelo máis adecuado para a simulación do caso (Deformacións planas, tensións planas, axisimétricos e problemas 3D)
Expor correctamente as condicións de contorno.
Interpretar os resultados obtidos.
40 C19
C20
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:
  • Resolución de problemas e/o exercicios: proba escrita na data oficial de exame da materia, 40%
  • Prácticas con apoio das TIC: varios traballos prácticos cun peso total do 50%
  • Debate, 10%.
Segunda oportunidade:

Manteríanse os pesos de cada parte e as cualificacións obtidas na primeira oportunidade. Permítese presentar traballos prácticos modificados (antes da data oficial de exame da materia) e repetir a proba escrita. Cada estudante decide que notas mantén e que partes tenta mellorar.

Avaliación Global:

Proba teórico-práctica (sen o emprego directo de software) que permite acadar o 100% da cualificación.


Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000