Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Concentración de Minerais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Terase en conta na avaliación a asistencia ás prácticas de laboratorio, a entrega dun boletín da experiencia e a corrección do mesmo. A nota desa metodoloxía será como máximo de 1 punto sobre 10.

;Avalía os seguintes resultados de aprendizaxe:

Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro.

Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos.

Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.
10 C10
C14
Metodoloxías integradas O alumno deberá entregar o resultado do proxecto proposto e expolo publicamente. Avaliarase o rigor e a corrección do traballo escrito e a capacidade de síntese na presentación oral. O traballo puntuará como máximo 2 puntos sobre o 10 da nota global.

Avalía dous resultados de aprendizaxe:

1) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas.

2) Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación.

3)Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro.
20 A2
C10
C14
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do curso, o alumno deberá resolver varios boletíns de problemas, que se traballan previamente na aula, deberá presentalos e serán avaliados ata un máximo de 1 punto sobre o 10 da nota global.

Avalía os resultados de aprendizaxe:
1) Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.<

2) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas.

3) Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación.
10 C10
C14
D12
Probas de resposta curta A proba escrita consistirá na resolución de preguntas de resposta curta e de varios problemas. A puntuación deste exame sobre a nota global é dun máximo de 5 sobre a nota global de 10; para que a nota do exame poida contar na avaliación global, deberá superar o 2.5 sobre 5.

Avalía todos os resultados de aprendizaxe esperados.
50 A2
C10
C14
D12
Observación sistemática A asistencia a clase e a resolución de probas tipo test de autoevaluación continua durante o curso (suxeitos a un calendario e que se fan desde a plataforma docente) puntuarase cun peso máximo de 1 punto sobre 10 da nota global.

Avalía a adquisición do coñecemento sobre os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro e as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos.
10 C10
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación en primeira convocatoria consta de dous partes:

1) Exame. A puntuación deste exame sobre a nota global é dun máximo de 5 sobre 10. Para que a nota do exame poida contar na avaliación global, deberá ser igual ou superior a 2.5 sobre 5. As datas e lugares de realización do exame pódense consultarse na pestana PLANIFICACIÓN ACADÉMICA do portal web da ETSI Minas. No calendario de avaliación aprobado en xunta de centro, vixente no momento da redacción desta memoria, as datas desta proba son o 13 de xaneiro (convocatoria ordianaria) e o 14 de xuño (convocatoria extraordinaria)

2) Prácticas de laboratorio, metodoloxías integradas, resolución de problemas e exercicios e observación sistemática: estas catro metodoloxías puntúan en conxunto 5 puntos sobre a nota global 10. Para que a nota deste grupo de metodoloxías compute na nota final, é necesario:

  • obter polo menos 1 punto sobre 2 no proxecto (metodoloxías integradas)
  • obter polo menos 0.6 puntos sobre 1 no boletín de problemas
  • responder cun 100% de acertos os cuestionarios de autoevaluación habilitados na plataforma dentro do calendario establecido.
  • asistir a todas as sesións da práctica de laboratorio salvo por causas xustificadas.

As prácticas de laboratorio están fixadas no calendario para ser impartidas durante o período de docencia (primeiro cuadrimestre).

O calendario de docencia de todas as actividades pódese consultar no espazo da materia da plataforma TEMA. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da docencia da mesma.

En segunda convocatoria (convocatoria extraordinaria), as actividades suxeitas a calendario (prácticas de laboratorio) non computarán na nota final.

As datas de avaliación para as convocatorias ordinaria e extraordinaria para o curso académico 2016-2017 poden consultarse tamén na páxina web da *ETSI Minas,Planificación académica-Exames-Máster Enxeñaría de Minas
http://etseminas.uvigo.es/cms/index.php?ide=57

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000