A avaliación en primeira convocatoria consta de dous partes: 1) Exame. A puntuación deste exame sobre a nota global é dun máximo de 5 sobre 10. Para que a nota do exame poida contar na avaliación global, deberá ser igual ou superior a 2.5 sobre 5. As datas e lugares de realización do exame pódense consultarse na pestana PLANIFICACIÓN ACADÉMICA do portal web da ETSI Minas. No calendario de avaliación aprobado en xunta de centro, vixente no momento da redacción desta memoria, as datas desta proba son o 13 de xaneiro (convocatoria ordianaria) e o 14 de xuño (convocatoria extraordinaria) 2) Prácticas de laboratorio, metodoloxías integradas, resolución de problemas e exercicios e observación sistemática: estas catro metodoloxías puntúan en conxunto 5 puntos sobre a nota global 10. Para que a nota deste grupo de metodoloxías compute na nota final, é necesario: - obter polo menos 1 punto sobre 2 no proxecto (metodoloxías integradas)
- obter polo menos 0.6 puntos sobre 1 no boletín de problemas
- responder cun 100% de acertos os cuestionarios de autoevaluación habilitados na plataforma dentro do calendario establecido.
- asistir a todas as sesións da práctica de laboratorio salvo por causas xustificadas.
As prácticas de laboratorio están fixadas no calendario para ser impartidas durante o período de docencia (primeiro cuadrimestre). O calendario de docencia de todas as actividades pódese consultar no espazo da materia da plataforma TEMA. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da docencia da mesma. En segunda convocatoria (convocatoria extraordinaria), as actividades suxeitas a calendario (prácticas de laboratorio) non computarán na nota final. As datas de avaliación para as convocatorias ordinaria e extraordinaria para o curso académico 2016-2017 poden consultarse tamén na páxina web da *ETSI Minas,Planificación académica-Exames-Máster Enxeñaría de Minas http://etseminas.uvigo.es/cms/index.php?ide=57
|