Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Tratamento de superficies e soldadura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse segundo os criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento de prácticas ou de visitas a empresas (individuais ou por grupos).

Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
20 B1
B2
B3
B4
B7
B8
C40
D1
D3
D4
D5
D7
D8
D10
Traballo Avaliaranse polos informes presentados, e a exposición en clase dos traballos realizados.


Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
40 B1
B2
B3
B4
B7
B8
C40
D1
D3
D4
D5
D7
D8
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia.

Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
10 B2
B4
C40
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito (preguntas curtas e tipo test) dos principais contidos da materia.


Mediante esta metodoloxía avalíanse todos os resultados previstos na materia.
30 B1
B2
B7
C40
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación global: nas dúas oportunidades oficiais, o alumnado poderá renunciar á avaliación continua transcorrido un mes dende o comezo da actividade docente, pasando nestes casos ao sistema de avaliación global. Esta avaliación consistirá nun único exame escrito que terá un peso do 100% da nota e avaliaranse todos os contidos teóricos e prácticos da materia.

Primeira oportunidade: Avaliación Continua. Consistirá en diferentes probas realizadas durante a impartición da materia e nunha proba escrita que consistirá na resolución de problemas e/ou exercicios, e de preguntas obxectivas, que se realizarán na data oficial previamente fixada polo centro.

Segunda oportunidade: Avaliación continua. Manterase a nota da parte práctica da avaliación continua (prácticas de laboratorio e de traballo) e realizarase unha proba escrita na data oficial previamente fixada polo centro.

Calendario de exames. Verificar/consultar información actualizada na páxina web do centro:
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000